Marylène Patou-Mathis
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Marylène Patou 16 de xuño de 1955 (69 anos) París, Francia |
Directora de investigación do CNRS | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Pierre e Marie Curie - doutoramento (–1984) |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia, Idade Antiga e zooloxía |
Ocupación | prehistoriador, historiadora, zoóloga, zooarchaeologist (en) , paleontóloga, científica |
Empregador | Centre national de la recherche scientifique Museo Nacional de Historia Natural de Francia |
Premios | |
|
Marylène Patou-Mathis, nada o 16 de xuño de 1955 en París, é unha prehistoriadora francesa, especialista no comportamento dos neandertais e do pobo san. Directora de Investigación do Centro Nacional de Investigacións Científicas (CNRS), está adscrita ao Departamento de Prehistoria do Museo Nacional de Historia Natural (MNHN).
Formación
[editar | editar a fonte]Marylène Patou-Mathis obtivo un mestrado en xeoloxía na Universidade Pierre-et-Marie-Curie (París VI), despois especializouse en prehistoria cun diploma de estudos avanzados (DEA) en xeoloxía da Era cuaternaria paleontoloxía humana e prehistoria, na Universidade París VI en 1981. Defendeu a súa tese de doutoramento en prehistoria, na mesma universidade, en 1984.[1]
Antes de entrar no Centro Nacional de Investigacións Científicas (CNRS) en 1989, foi vivir tres meses cos San, cazadores-recolectores no deserto do Kalahari (Botswana).
Formación académica
[editar | editar a fonte]Dentro do departamento de Prehistoria do Museo Nacional de Historia Natural (MNHN), foi vicepresidenta do consello científico de 2011 a 2014.[2] Directora, de 2013 a 2018, do equipo Comportements des Néandertaliens et des Hommes anatomiquement modernes replacés dans leur contexte paléo-écologique (Comportamentos de neandertais e humanos anatomicamente modernos situados no seu contexto paleoecolóxico) da UMR 7194 do CNRS,[2] é desde xaneiro de 2019 subdirectora da UMR 7194. Durante a súa carreira profesional, traballou no comportamento da especie neandertal e preguntouse sobre o lugar das mulleres na Prehistoria.[3][4]
Outras funcións
[editar | editar a fonte]- Organización ou coorganización de 15 encontros internacionais, en Francia (dos cales, en agosto de 2011, a XI Conferencia Internacional de Arqueozooloxía - ICAZ) e no estranxeiro
- Até outubro de 2013, xestión científica das coleccións osteolóxicas (fauna e fósiles actuais) do departamento de prehistoria do MNHN
- Experta en premios de tese, solicitudes de ANR, Árbitra (solicitude de bolsas de investigación, Fundación Científica Leakey)
- 2008-2009 : Perita xurídica designada pola Sala 1 do Tribunal de París para a peritaxe de materiais (materiais arqueolóxicos) da cova de Chauvet (Ardèche)
- No marco da renovación do Museo do Home, foi membro do comité de orientación, do consello científico e do comisariado das exposicións permanentes.[Cómpre referencia]
- Responsabilidades editoriais : membro do consello editorial de varias revistas internacionais e nacionais
Publicacións
[editar | editar a fonte]Obras
[editar | editar a fonte]- La Préhistoire, París, éd. Fleurus, 2005.
- Néandertal, Une autre humanité, éd. Perrin, 2006.
- Une mort annoncée, à la rencontre des Bushmen, derniers chasseurs-cueilleurs du Kalahari, éd. Perrin, 2007
- Lascaux : histoires d'une découverte, éd. Fleurus, 2008
- Mangeurs de viande : de la Préhistoire à nos jours, éd. Perrin, 2009
- Le Sauvage et le préhistorique, miroir de l'homme occidental. De la malédiction de Cham à l'identité nationale, éd. Odile Jacob, 2011.
- Préhistoire de la violence et de la guerre, éd. Odile Jacob, 2013
- Manuel de taphonomie, Arles, lib. Errance, con Christiane Denys, 2014
- Histoires de mammouth, libr. Fayard, 2015
- Néandertal de A à Z, Allary éd., 2018
- L'homme préhistorique est aussi une femme. Allary éd., 1 de outubro de 2020.
Varios
[editar | editar a fonte]- Au temps des mammouths (exposición), con Alain Foucault, prefacio de Yves Coppens, 2004
- La Préhistoire, DVD cun libro de 79 p., 2008
- Madame de Néandertal, journal intime, novela (con Pascale Leroy), Nil, 2014
- "Non, les hommes n’ont pas toujours fait la guerre".
Premios
[editar | editar a fonte]- 2014 : Cabaleiro da Lexión de Honra
- 2002 : Premio da Chancelaría das Universidades de París
- 1995 : Medalla da Fundación Singer-Polignac
- 1984 : Premio da Fundación Vocation
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Patou, Marylène (1984). "Contribution à l'étude des mammifères des couches supérieures de la grotte du Lazaret (Nice, A.-M.): méthodes et résultats paléontologiques et palethnographiques" (en francés). París ; 1971-2017, France: Université Pierre et Marie Curie.
- ↑ 2,0 2,1 "HNHP - Histoire Naturelle de l’Homme Préhistorique (UMR 7194) - PATOU-MATHIS Marylène". hnhp.cnrs.fr (en francés). Consultado o 2015-11-02..
- ↑ "La femme préhistorique". Slate (en inglés). 28/02/2021. Consultado o 22/03/2021..
- ↑ Camacho, Laura (2021-09-18). "Marylène Patou-Mathis: “No hay pruebas científicas que respalden que el hombre prehistórico era superior a la mujer”". El País (en castelán). Consultado o 2021-10-07.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio Futura-sciences.com Biografía e carreira Arquivado 31 de maio de 2016 en Wayback Machine.
- Biografía na páxina web hominides.com
- Unha entrevista con Marylène Patou-Mathis, páxina web rue89.nouvelobs.com, 13 de febreiro de 2011
- " Expo no Musée de l'Homme : Que temos en común cos neandertais? ? », Unha entrevista con Marylène Patou-Mathis e Pascal Depaepe, de Anissa Boumedienne, 20minutes.fr ,28 de marzo de 2018
A Galipedia ten un portal sobre: Historia |
A Galipedia ten un portal sobre: Francia |