Cows, Pigs, Wars and Witches

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Cows, Pigs, Wars and Witches
Autor/aMarvin Harris
Data de pub.1974
editar datos en Wikidata ]

Cows, Pigs, Wars and Witches (Vacas, porcos, guerras e bruxas) é un libro do antropólogo Marvin Harris publicado en 1975. Nel analiza algúns costumes das diferentes sociedades do mundo, como o feito de que os hindús non coman carne de vaca, a importancia social do porco nalgunhas sociedades e a repulsión noutras, ou a aparición de movementos mesiánicos. O investigador procura atopar as causas materiais ocultas tras a aparente irracionalidade destes estilos de vida.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Mother Cow[editar | editar a fonte]

O primeiro capítulo trata sobre o amor que os hindús profesan ás vacas. Estes, por motivos relixiosos, refusan comer a súa carne nin o seu leite, algo que resulta para calquera occidental inverosímil tendo en conta a situación de fame e miseria que hai na India. Ademais estas vacas consomen parte do alimento que sería destinado para a poboación e incluso hai “albergues” para vacas perdidas ou enfermas.

A resposta a este aparente e incondicional amor, non é só relixiosa, senón que tamén hai un razoamento lóxico para esta adoración ás vacas, e é que estas producen bois de tiro, que permiten sacar a flote a agricultura domestica, e ademais, o seu esterco ten diversos usos, pódese usar como fertilizante, como combustible para cociña e outros mesteres similares ou como illante. Así establecese unha relación de dependencia coa vaca que vai máis ala de cuestións relixiosas, pois neste caso este tabú en realidade non ten un efecto negativo sobre a supervivencia da poboación.

Porcofilia e a porcofobia[editar | editar a fonte]

Algúns pobos aborrecen ao porco, mentres que outros os aman. Son dúas posicións opostas, pero non veñen determinadas por motivos de carácter hixiénico ou de saúde como fan crer as relixións porcofóbicas, senón segundo a conveniencia que lles supoña a cría deste dependendo da zona:

Para os musulmáns e os xudeus o porco resulta un animal impuro xa para empezar, porque a relixión de ambos os dous pobos condenouno por ser un animal supostamente perigoso para a hixiene e a saúde do home debido a que se envorca na súa propia ouriña e excrementos, así como outros motivos fisiolóxicos que fan do porco un animal pouco apto para as rexións calorosas e áridas (debido ó seu problema de transpiración) nas que habitan ambos dous pobos.

Pero a verdadeira razón desta actitude reside en que o porco non produce leite, ao contrario que as vacas das que si se alimentan xudeus e musulmáns, nin tampouco pode alimentarse de herba como outros ruminantes. Ademais, a continua desertización e deforestación de oriente medio fixo que se fixese caro criar carne de porco nesta zona, e ademais este alimentábase do mesmo que os humanos na zona.

En cambio, en América e China, a sociedade adoraba os porcos, ata tal punto que o consideran como un membro máis da súa familia. En cambio e ao contrario que a relixión hindú e o seu amor a vaca, estes pobos si que comen carne de porco en festas ou celebracións especiais.

Algunhas civilizacións como a Maring, sacrifican os porcos para celebrar a vitoria dunha guerra ou para demostras aos seus inimigos o seu gran poder e riqueza, así como o seu animo de prosperar.

Como consecuencia destes feitos, podemos extraer a explicación de que a prohibición do porco ou a súa permisión era un medio para garantir o equilibrio económico.

A guerra primitiva[editar | editar a fonte]

En certas civilizacións como os Maring, sucedíanse numerosas guerras, unha tras outras, producidas para vingar actos violentos como raptos de mulleres e violacións…

Só bastaba unha guerra para desencadear as seguintes, pois tras finalizar esta, o “espírito de vinganza” permanecía no pobo derrotado. A causa destas guerras non é precisamente pola vinganza de actos violentos, senón que a verdadeira causa era o control demográfico, pois estas tribos non tiñan métodos anticonceptivos e precisaban dalgunha maneira de controlar a poboación. De feito estas guerras sempre se provocaron coincidindo co momento de produción e consumo máis alto nas súas sociedades.

O macho salvaxe[editar | editar a fonte]

Hai algunhas tribos como os Yanomano na que o home domina a muller pola única razón de que é máis necesario para a guerra, para o único que era útil, xa que en termos económicos era improdutivo, e esta supremacía estaba garantida pola frecuente practica bélica. E, polo tanto, o machismo consecuencia da guerra, e queda descuberta, polo tanto, a relación entre o machismo e a guerra.

O potlach[editar | editar a fonte]

É un costume adoptado entre algúns pobos que consiste na celebración dunha festa durante varios días e na que un xefe (coñecido como “Gran home") no que prepara unha gran cantidade de riqueza en produtos, alimentos etc., que reparte entre os anfitrións ou incluso hai veces que os queima para mostrar o rico que é entre a tribo fronte o resto. Isto produce competitividade entre as tribos, pois ao rematar esta festa o gran home xa comeza a prepararse para a segunda e a acumular así de novo riquezas.

Este sistema o que permitiu foi unha distribución das riquezas é que algunhas poboacións prosperasen en determinadas rexións.

O cargo fantasma[editar | editar a fonte]

Coa chegada de embarcacións das civilizacións industriais a terras indíxenas e a entrada de produtos, costumes e relixións novos, os nativos das terras formaron un culto novo levado polas impresión que lles causara. O cargo era o prezo da loita polos recursos naturais e humanos e a recompensa polos traballos realizados. O cargo marcaría o inicio do ceo na terra.

O mesías e o secreto do príncipe da paz[editar | editar a fonte]

A palabra mesías era usada para designar a todos aqueles que posuísen a santidade e poder sagrado, como os sacerdotes. Estes mesías non eran tan “pacíficos” como se cría (de feito ata se cuestiona o pacifismo de Cristo, un dos máis coñecidos e venerados mesías), senón que seguían un modelo de actitude militar e vingativa que xa viña de fai tempo entre as confrontacións entre xudeus con gregos e con romanos, época na que xorden moitos mesías, entendidos como liberadores guerreiros do pobo xudeu. Estas formas de mesianismo o que pretendían era a distribucións máis equitativa da riqueza e do poder.

O culta ao mesías pacífico, procedente do cristianismo, apareceu na guerra contra Roma, na que os mesías sufriron unha brutal derrota.

Vasoiras e aquelarres, a gran loucura das meigas e o retorno das meigas[editar | editar a fonte]

Neste capítulo tratase de explicar a razón da matanza indiscriminada de bruxas na Europa medieval. Nesta etapa culpábase a certas persoas de ser bruxas e voar cunha vasoira a certas reunións chamadas aquelarres, onde se reunían máis destes personaxes. Para empezar, a explicación de voar era debido a que certas persoas empregaban uns ungüentos alucinóxenos que lles daban a sensación de desprazarse a lugares afastados; a vasoira era usada para aplicar este ungüento en zonas sensibles. A pesar de todo, moitas mulleres condenadas a bruxerías nunca utilizaron este ungüento.

Cando unha persoa era acusada de bruxería, era torturada ata que confesase o que quería, e que ademais dixese o nome de máis persoas que vise no aquelarre (non valían nobres nin curas... eses eran santos), cousa que sempre sucedía xa que o que querían era acabar coa tortura.

Unha vez confesaban, eran enviadas á fogueira, onde morrían queimadas (nos mellores casos, afogábase antes a muller e despois queimábase). Todos os gastos da tortura e da queima corrían a cargo dos familiares da vítima.

A razón desta matanza indiscriminada e continuada era un modo de recadar diñeiro, pois os gastos de todo corría a cargo da familia, e ademais a bruxa proporcionaba novos candidatos a torturar e queimar, para logo desvalixar ás súas familias.

Esta moda volveu aparecer de novo en tribos baixo a aparencia dos chamáns, pero esta vez baixo connotacións positivas.