Maruchi Fresno
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1916 Madrid, España |
Morte | 19 de xullo de 2003 (87 anos) O Escorial, España |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | cemiterio de San Justo de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, actriz de teatro |
Período de actividade | 1934 - |
Familia | |
Pai | Fernando Gómez-Pamo del Fresno |
|
María de Lourdes Gómez-Pamo López del Fresno, coñecida artisticamente como Maruchi Fresno, nada en Madrid o 14 de febreiro de 1916 e finada no Escorial o 19 de xullo de 2003[1] [2], foi unha actriz española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do actor e caricaturista Fernando Fresno, os seus primeiros contactos co mundo da escena producíronse cando aínda non finalizara os seus estudos elementais, debutando no cine á idade de 18 anos coa película El agua en el suelo, de Eusebio Fernández Ardavín.
Licenciouse en Ciencias químicas, e ao comezo da Guerra Civil emigrou á Arxentina, onde continuou a súa carreira teatral.
Unha vez finalizada a contenda regresou a España e converteuse nunha das figuras máis sólidas do panorama artístico do momento, tanto en cine como en teatro. Na pantalla grande participou en películas como Nostalgia, (1942), de Juan de Orduña, Altar mayor (1943), de Gonzalo Delgrás, Reina santa (1946), de Rafael Gil, Serenata española (1947), de Juan de Orduña, Brigada criminal (1950), de Ignacio Iquino, Balarrasa (1950) ou Catalina de Inglaterra (1951), estas dúas últimas de José Antonio Nieves Conde. En teatro cultivou numerosos éxitos, por exemplo con María Estuardo e O soño dunha noite de verán (1950).
En 1953 contraeu matrimonio co director de teatro e escritor Juan Guerrero Zamora, co que tivo un fillo. Separouse de Guerrero Zamora anos máis tarde.
A partir dos anos 60, a súa presenza cinematográfica foise reducindo progresivamente. Interveu en Algo amargo en la boca (Eloy de la Iglesia, 1969) ou La regenta (Gonzalo Suárez, 1974), pero seguiu mantendo a súa actividade tanto a nivel teatral como televisivo.
Durante anos, interpretou sobre as táboas El milagro de Anna Sullivan (1961), no papel de "Kate Keller", El zapato de raso (1965), de Paul Claudel, Águila de blasón, de Valle-Inclán (1966), Fedra (1973), de Miguel de Unamuno, Tauromaquia (1975), de Juan Antonio Castro, Medea (1979), de Eurípides, Mariana Pineda (1982), de Federico García Lorca, Perico Andrónico (1983), de William Shakespeare, ¡Oh Penélope! (1986), de Gonzalo Torrente Ballester e La importancia de llamarse Wilde (1992). Tamén interveu asiduamente nos espazos dramáticos de Televisión Española: Estudio 1 e Novela, así como na serie Clase media, protagonizada por Antonio Ferrandis.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cine
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]- ¡Ay, Señor, Señor!
- Vejez, divino tesoro! (1 de xaneiro de 1995)
- Clase media (1987)
- Teatro Estudio
- Noche de teatro
- Las Tentaciones
- El inverno que viene (2 de novembro de 1970)
- Hora once
- La bella del bosque (13 de abril de 1969)
- Horatio Sparkins (8 de xullo de 1972)
- El Premio
- Palabras en el aire (25 de novembro de 1968)
- Teatro de siempre
- Estudo 1
- Novela
- El hombre herido (8 de agosto de 1965)
- El fin de un largo viaje (4 de abril de 1966)
- Felipe Derblay (27 de novembro de 1967)
- Raffles (11 de marzo de 1968)
- El invernadero (5 de xaneiro de 1976)
- Pequeñeces (8 de marzo de 1976)
- El hombre de los aplausos (10 de xaneiro de 1977)
- Las cerezas del cementerio (11 de abril de 1977)
- Primera fila
- Gran teatro
- Teatro de familia
- La gran mentira (3 de xullo de 1963)
- Café para dos (14 de xaneiro de 1965)
- La profesora de declamación (25 de febreiro de 1965)
Premios
[editar | editar a fonte]- Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos á mellor actriz principal (1951), por Catalina de Inglaterra.[3]
- Fotogramas de Prata: Mellor intérprete de cine español (1952), por Catalina de Inglaterra.
- Premio da Unión de Actores (1994) a Toda unha vida.
- Medalla ao Mérito Artístico do Concello de Madrid
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diego Galán (20 de xullo de 2003). "Maruchi Fresno, una figura histórica del cine español". El País (en castelán).
- ↑ "Fallece a los 87 años en Madrid la gran dama de la escena Maruchi Fresno". ABC (en castelán). 21 de xullo de 2003.
- ↑ "Premios del CEC a la producción española de 1951". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2020. Consultado o 17 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cine |