Martin Niemöller
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
(1952) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xaneiro de 1892 Lippstadt, Alemaña |
Morte | 6 de marzo de 1984 (92 anos) Wiesbaden, Alemaña |
Lugar de sepultura | Osnabrück (pt) |
Relixión | Luteranismo |
Actividade | |
Ocupación | teólogo, membro da resistencia, tripulante de submarino, poeta, activista pola paz |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Familia | |
Cónxuxe | Else Bruner |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Нимёллер Мартин) Frankfurter Personenlexikon (en) , |
Martin Niemöller, nado en Lippstadt (Renania do Norte-Westfalia) o 14 de xaneiro de 1892 e finado en Wiesbaden (Hesse) o 6 de marzo de 1984, foi un pastor luterano alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse como oficial naval e durante a Primeira guerra mundial comandou un submarino. Despois desa guerra comandaba un batallón no Ruhr e participou na represión contra os comunistas. Entre 1919 e 1923 estudou Teoloxía en Münster. Xa como pastor apoiou ao comezo a política anticomunista, antisemita[1] e alemán nacionalista de Adolf Hitler.
Reaccionou ao fin contra o nazismo en 1933 cando Hitler, no desenvolvemento da política totalitaria de homoxeneización, denominada oficialmente Gleichschaltung, impuxo sobre as igrexas protestantes ao grupo dos Deutsche Christen (cristiáns alemáns) que uniron 28 igrexas rexionais ao redor dunha denominada Igrexa Evanxélica Alemá (Deutsche Evangelische Kirche DEK), á que acudiron a maioría dos protestantes alemáns. A DEK impuxo o "parágrafo ario" (Arierparagraph) que excluía da igrexa a todo crente con antepasados xudeus.
Niemöller fundou entón xunto con Dietrich Bonhoeffer, a Igrexa Confesante (Bekennende Kirche), que se opuxo á nazificación das igrexas alemás. Pola súa oposición ao control estatal nazi sobre as igrexas, Niemöller foi arrestado o 1 de xullo de 1937 e condenado o 2 de marzo de 1938 a sete meses de cárcere por unha corte especial; como xa cumprira a condena, ao saír foi apresado pola Gestapo e permaneceu retido nos campos de concentración de Sachsenhausen e Dachau, ata 1945. Logo incorporouse, ata a fin dos seus días, ao movemento pacifista; foi presidente do Consello Mundial de Igrexas en 1961 e desempeñou un papel importante na denuncia contra a guerra de Vietnam. Desde a década de 1980 é máis coñecido como o autor do poema "Cando os nazis viñeron polos comunistas".
Frases soadas
[editar | editar a fonte]O seu mellor e máis coñecido poema Cando os nazis viñeron..., trata sobre consecuencias de non resistir ás tiranías nos primeiros intentos do seu establecemento. A orde exacta dos grupos e as palabras están suxeitas a disputa, xa que existen moitas versións, a maioría transmitidas oralmente. Martín Niemöller, o seu autor, menciona [2] que non se trataba orixinalmente dun poema, senón dun sermón na Semana Santa de 1946 en Kaiserslautern, Alemaña Que dixera Xesucristo?. Erroneamente este poema atribúese, en moitos idiomas, ao dramaturgo e poeta alemán Bertolt Brecht.
Orixinal | Tradución |
---|---|
Als die Nazis die Kommunisten holten, Als sie die Sozialdemokraten einsperrten, Als sie die Gewerkschafter holten, Als sie die Juden holten, Als sie mich holten, |
Cando os nazis viñeron buscar os comunistas, Cando encarceraron os socialdemócratas, Cando viñeron buscar os sindicalistas, Cando viñeron buscar os xudeus, Cando viñeron buscarme a min, |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Robert Michael, Theological Myth, German Antisemitism, and the Holocaust: The Case of Martin Niemoeller, Holocaust Genocide Studies.1987; 2: 105-122.
- ↑ "sitio da Fundación Martin Niemöller". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 21 de novembro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Martin Niemöller |