Armando Blanco
Armando Blanco | |
---|---|
Nacemento | 27 de abril de 1948 |
Lugar de nacemento | Cacheiras |
Falecemento | 12 de setembro de 2015 |
Lugar de falecemento | Teo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e emprendedor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Armando Blanco Martínez, nado en Cacheiras (Teo) o 27 de abril de 1948 e finado no mesmo concello o 12 de setembro de 2015,[1] foi un hostaleiro e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Dono dun coñecido establecemento hostaleiro en Teo. Foi concelleiro en Teo dende 1987. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Teo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1999 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2003 foi elixido alcalde co apoio de IN-TEO.
Predecesor: Ignacio Varela Eiras |
![]() Alcalde de Teo 1995 - 2007 |
Sucesor: Martiño Noriega |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 13-9-2015, p. 51.