Martiño (antroponimia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Martiño, ó pé dun cruceiro moderno en Ourense.

Martiño[1] é un nome propio galego proveniente do latín Martinus, derivado de Mars, Martis, de Marte, o deus da guerra da mitoloxía romana. Por vir deste deus significa 'home marcial, belicoso, guerreiro'.

Corre tamén a variante Martín e os hipocorísticos Tiño, Tiñolo e Martiñoco. O nome deu lugar ós apelidos Martínez, Martín e Martíns.

Celebra a festa o 11 de novembro, por San Martiño de Tours, pero tamén pode facelo o 20 de marzo (San Martiño Dumiense), o 13 de abril (San Martiño I papa) ou o 3 de novembro (San Martiño de Porres).

San Martiño de Tours[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Martiño de Tours.

San Martiño de Tours (316-397) foi un soldado romano, natural da actual Hungría, que, segundo a lenda, rachou a súa capa en dúas para darlle a metade a un pobre morto de frío [2]. Logo deixou o exército, bautizouse e pasou ó servizo de santo Hilario, en Poitiers, onde o nomearon bispo no 370.

Noutras linguas[editar | editar a fonte]

  • Alemán: Martin
  • Asturiano: Martine
  • Castelán: Martín
  • Catalán: Martí
  • Francés: Martin
  • Inglés: Martin
  • Italiano: Martino
  • Vasco: Martiñ ou Matin

Martiños famosos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boullón Agrelo, A. I. "Martiño". Guía de nomes galegos. Real Academia Galega. 
  2. Deulle só media capa porque, daquela, a metade de tódalas súas pertenzas correspondíalle ó César.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]