Martha Stewart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Martha Stewart
Martha Stewart 2011 Shankbone.JPG
Nome completoMartha Helena Kostyra
Nacemento3 de agosto de 1941
 Jersey City
NacionalidadeEstados Unidos de América e Polonia
Alma máterBarnard College e Nutley High School
Ocupaciónpresentadora de televisión, blogueira, emprendedora, escritora, empresaria, modelo, xornalista, decoradora e produtora de televisión
FillosAlexis Stewart
Coñecida porMartha Stewart Living
PremiosDaytime Emmy Award
Martha Stewart signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Martha Helen Kostyra, nada en Jersey City (Nova Jersey) o 3 de agosto de 1941,[1] é unha empresaria, escritora e presentadora de televisión estadounidense, máis coñecida como Martha Stewart, que formou un emporio co seu negocio de estilo de vida e cociña.

O orixinal sentido comercial e a visión creativa de Martha foron os fundamentos de Martha Stewart Living Omnimedia e o amplo cartafol multimedia que inclúe propiedades premiadas como o seu programa de televisión Martha Stewart Living, a revista Martha Stewart Weddings, o programa televisión de PBS Everyday Food, mercadorías de consumo masivo que se vende en Kmart e a súa liña de mobles Martha Stewart Signature que se comercializa a través de Bernhardt Furniture.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]

Martha Stewart naceu en Jersey City, Nova Jersey, segunda dos seis fillos[2] de Edward Kostyra (1912–1979) e Martha Ruszkowski Kostyra (1914–2007), unha familia de clase media e de ascendencia polaca.[3][4][5] Criouse na súa cidade natal e inculcáronlle a ética do traballo duro. Volveuse experta no trato coas persoas, actitude que foi clave no seu éxito. A nai de Stewart ensinoulle a cociñar e a coser,[6] mentres que o pai, apaixonado da xardinaría, lle transmitiu todos os seus coñecementos e experiencia.[6]

Tamén destacou na escola. O seu interese pola lectura non evitou que fose activa en actividades extracurriculares, como o xornal escolar e o club de arte.[7] Durante este período comezou unha carreira como modelo. Foi contratada e apareceu en varios anuncios de televisión e revistas. Finalizou a secundaria coa máxima cualificación.

Matrimonio con Andrew Stewart[editar | editar a fonte]

Alexis (esquerda) e Martha Stewart (dereita), en setembro de 2008

O 1 de xullo de 1961 casou con Andrew Stewart.[8][9] Martha abandonou temporalmente o Barnard College e continuou na súa carreira como modelo mentres o seu esposo remataba a licenciatura en leis na Universidade Yale.[10] Un anos despois regresou a Barnard e graduouse cun mestrado en historia e historia da arquitectura.[11][12] En 1965 naceu a súa filla, Alexis Stewart.

Martha comezou a desenvolver as súas habilidades nos negocios. En 1967, transformouse nunha corretora de bolsa. Tivo grande éxito, ata que deixou a profesión en 1973 para investir máis tempo na súa filla e remodelar o seu novo fogar en Connecticut. Suxeriuse que un escándalo coa compañía Levitz contribuíu a deixar a firma de Monnes, Horstman, Williams e Sidel. Varios directivos da compañía alegaron ter problemas por vender produtos da compañía Levitz.

Martha e o seu marido mudáronse a Westport, Connecticut, onde decidiron quedar e construír un fogar para a súa familia. Mercaron unha granxa de 1805 en Turkey Hill Road, que restauraron completamente eles mesmos, que despois se converteu no modelo para o escenario do programa de televisión Martha Stewart Living.[13] Durante o proxecto quedou clara a paixón de Martha por restaurar e decorar.

En 1976 Stewart iniciou un servizo de catering no soto da súa casa cunha amiga da universidade. O negocio axiña se fixo popular e cando a súa socia se queixou do perfeccionismo de Stewart, esta comprou todo o negocio. Abriu ademais, unha tenda onde vendía os seus kits de decoración do fogar. A partir de aí, os rumores sobre as súas habilidades e negocios estendéronse rapidamente. Pouco tempo despois, logrou un contrato publicitario para publicar un libro sobre catering. Foi coautora dun best seller, Entertaining,[14] xunto con Elizabeth Hawes.[15] O éxito da obra impulsouna a escribir Martha Stewart's Quick Cook (1983), Martha Stewart's Hors D'oeuvres (1984), Martha Stewart's Pies & Tarts (1985), Weddings (1987), The Wedding Planner (1988), Martha Stewart's Quick Cook Menus (1988), Martha Stewart's Christmas (1989), entre outros.

Martha e Andrew Stewart separáronse en 1987 e divorciáronse en 1990.[2][9] Posteriormente mantivo unha relación amorosa co millonario de orixe húngara Charles Simonyi, que rematou a principios de 2008.[16]

Problemas xudiciais[editar | editar a fonte]

No ano 2004 foi declarada culpable de conspiración, falso testemuño e obstrución á xustiza por empregar información privilexiada ao vender accións da empresa ImClone Systems. Cumpriu condena en prisión no Campo Prisión Federal Alderson, WV,[17][18] onde permaneceu durante meses realizando labores de limpeza. Stewart ten o número da Axencia Federal de Prisións 55170-054.[19]

Tras saír do cárcere en marzo de 2005, dedicou toda a súa atención en recuperar o seu imperio comercial e nos medios.[20] Stewart conduce o programa The Martha Stewart Show e protagonizou reality show The Apprentice: Martha Stewart. Ademais, o seu libro Everyday Food encabezou a listaxe de libros de autoaxuda máis vendidos de The New York Times.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Martha Stewart Fast Facts". CNN. 10 de xuño de 2013. Consultado o 5 de marzo de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Green, Michelle; Speidel, Maria; Frey, Jennifer; Daspin, Eileen; Eftimiades, Maria; Greissinger, Lisa Kay (2 de outubro de 1995). "The Best Revenge". People 45 (14). Consultado o 5 de marzo de 2014. 
  3. "Ancestry of Martha Stewart". www.wargs.com. 
  4. Stated on Finding Your Roots with Henry Louis Gates, Jr., 6 de maio de 2012
  5. Smolenyak, Megan (8 de maio de 2012). "10 Things You Didn't Know About Martha Stewart's Family Tree". The Huffington Post. Consultado o 6 de decembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Beck Paprocki, Sherry (2009). Martha Stewart: Lifestyle Entrepreneur. Infobase Publishing. pp. 17–18. ISBN 978-1-604-13083-6. 
  7. Kerns, Ann (24 de outubro de 2006). Martha Stewart. Twenty-First Century Books. p. 19. ISBN 978-0-8225-6613-7. Consultado o 6 de marzo de 2014. 
  8. Kasindorf, Jeanie (28 de xaneiro de 1991). "Living with Martha". New York 24 (4): 23–30. ISSN 0028-7369. Consultado o 31 de xaneiro de 2018. 
  9. 9,0 9,1 "EVERYWOMAN.COM" The New Yorker de Joan Didion, publicado de 21 de febreiro de 2000
  10. "Martha's Datebook". CBS News. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2013. Consultado o 5 de marzo de 2014. 
  11. Breeden, Jake (16 de xaneiro de 2013). Tipping Sacred Cows: Kick the Bad Work Habits that Masquerade as Virtues. John Wiley & Sons. p. 159. ISBN 978-1-118-53190-7. Consultado o 6 de marzo de 2014.  Parámetro descoñecido |url-access= ignorado (Axuda)
  12. Tyrnauer, Matt (31 de agosto de 2001). "Empire by Martha". Vanity Fair. Consultado o 24 de decembro de 2015. 
  13. Salzman, Avi (2 de xuño de 2006). "Martha Stewart Puts Farmhouse on Market". The New York Times. Consultado o 6 de marzo de 2014. 
  14. "History of Entertaining". Martha Stewart Entertaining. 17 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2011. 
  15. "referenced, Entertaining". 
  16. "Bill Gates in Sweden for High Society Wedding," The Local, Sweden's News in English, 22 de novembro de 2008.
  17. "FPC Alderson Regulaciones de Visitas." Axencia Federal de Prisións. Consultado o 6 de xaneiro de 2010.
  18. Meier, Barry. "Martha Stewart Assigned to Prison in West Virginia." The New York Times. 30 de setembro de 2004. 1. Consultado o 5 de xaneiro de 2010.
  19. "Martha Stewart." Axencia Federal de Prisións. Consultado o 5 de xaneiro de 2010.
  20. Brady, Diane (5 de novembro de 2006). "The Reinvention Of Martha Stewart". Businessweek. Consultado o 5 de marzo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]