José Ramón Lete
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2025.) |
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 31 de agosto de 1957 Donostia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | político | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1976 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
José Ramón Lete Lasa, nado en Donostia o 31 de agosto de 1957, é un ex xogador de baloncesto e político do PPdeG, e exsecretario de estado para o Deporte do goberno de España e presidente do Consello Superior de Deportes (2016-18).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Desde 1978 a 1990 formou parte como profesional do baloncesto dos equipos Estudiantes, CAI Zaragoza, Breogán Lugo, Obradoiro CAB e o Bosco de Vigo.
En 1988 foi nomeado Xefe do Servizo de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. En 1994 Secretario Provincial do Servizo de Saúde de Pontevedra en Vigo da Consellería de Sanidade. En 1995 pasou a ser Inspector de servizos da Consellería de Presidencia e Administración Pública. En 1997 Director xeral da Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas, Ministerio da Presidencia do Goberno español. En 2003 volveu a Galiza para ser, por primeira vez e baixo a presidencia de Manuel Fraga, Director Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. En 2005 foi a Madrid como Subdirector xeral de Promoción Deportiva da Consellería de Cultura e Deportes da Comunidade de Madrid, logo xa en 2007 foi nomeado Director xeral de Deportes da Comunidade de Madrid.
En 2010, co triunfo electoral do PP nas eleccións galegas, ocupou de novo (por segunda vez) o cargo de Director Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Os primeiros anos desta súa segunda etapa coincidiron coa desaparición da Selección galega de fútbol e mais do equipo ciclista Xacobeo Galicia. Renovou no seu cargo nos distintos gobernos de Alberto Núñez Feijoo ata finais de 2016, cando foi escollido por Íñigo Méndez de Vigo como novo secretario de estado para o Deporte, o cargo político de maior rango no mundo do deporte en España.
Lete permaneceu dous anos en Madrid, ata que a chegada ao poder de Pedro Sánchez provocou a súa destitución a finais de 2018. Foi substituído pola esquiadora María José Rienda. Semanas máis tarde foi nomeado de novo Secretario Xeral para o Deporte no goberno de Feijoo, posto no que continuou sete anos máis, ata que cesou a finais de 2025[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rueda releva a seis altos cargos de la Xunta, tres en Medio Rural tras la oleada de incendios". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-12-29. Consultado o 2025-12-29.