Marko Babić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marko Babić
Nacemento28 de xaneiro de 1981
 Osijek
NacionalidadeCroacia
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

Marko Babić, nado en Osijek o 28 de xaneiro de 1981, é un futbolista croata. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o NK Osijek.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Babić debutou co NK Osijek, onde estivo 3 temporadas. En 2000 marchou ao Bayer Leverkusen, etapa na que comezou a ser chamado pola selección do seu país. Co equipo alemán chegou á final da Liga de Campións, perdendo ante o Real Madrid. A mediados da temporada 2007-2008 marchou ao Real Betis Balompié, que xogaba na primeira división española. Pero ao non contar para ningún adestrador, decidiu marchar coa carta de liberdade ao Hertha de Berlín. Alí estivo seis meses, nos que xogou dous partidos.

En agosto de 2009 fichou polo Real Zaragoza por dúas temporadas. Debutou o 29 de agosto de 2009 en La Romareda contra o CD Tenerife. O 6 de setembro de 2010 o Real Zaragoza rescindiu unilateralmente o contrato[1].

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Debutou coa súa selección en maio de 2002 contra Hungría. Foi convocado para a Eurocopa 2004 de Portugal, pero non xogou partido algún.

Notas[editar | editar a fonte]