Mariña Arbor Aldea
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de outubro de 1973 (50 anos) San Fagundo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | filóloga , profesora |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Mariña Arbor Aldea, nada o 17 de outubro de 1973[1] en San Fagundo, San Cristovo de Cea, é unha filóloga, profesora, investigadora e política galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1997 graduouse en Filoloxía Románica e ao ano seguinte en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi Premio Extraordinario de Licenciatura, Premio Extraordinario de Doutoramento e Premio Dámaso Alonso de Investigación Filolóxica En 2001 doutorouse en Filoloxía Románica na USC.[1] Realizou un bienio de posdoutoramento na Università degli Studi di Padova (Italia), regresou á USC como Investigadora Ramón y Cajal, sendo desde 2010 Profesora Titular de Universidade na USC.[2]
É investigadora principa no Portal Universo Cantigas,[3] xunto co profesor Manuel Ferreiro da UDC, que ten como obxectivo a edición crítica en liña de toda a lírica medieval galego-portuguesa.
Obra[editar | editar a fonte]
- Letteratura galega (en italiano).[4]
- O cancioneiro de don Afonso Sanchez. Edición e estudio (2001).[5] USC. ISBN 978-84-8121-951-7.
- Cancioneiro da Ajuda [edición facsímile] (2008). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
- Cancioneiro da Ajuda. Transcrición e notas (2015). Washington, D.C. Virtual Center for the Study of Galician-Portuguese Lyric - Georgetown University. ISSN: 2332-1377.[6]
Libros colectivos[editar | editar a fonte]
- Estudos de edición crítica e lírica galego-portuguesa (2010).
- Pergamino Vindel (2016).
- Transitando polas vías da lírica hispánica. A ruta dos trobadores (2020).
- Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica (2021).
- O eco das estrelas. Música medieval no Camiño de Santiago (2021). Ed. Canela. “Poesía e música na Idade Media hispánica centro-occidental: un crisol de culturas tecido en cobras e sões”
Traducións[editar | editar a fonte]
- El canon de la literatura europea (2012).
- A lingua das cantigas. Gramática do galego-portugués (2019).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Mariña Arbor Aldea (CV)". marinaarboraldea.academia.edu. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2021. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ "Mariña Arbor Aldea". Editorial Canela. Consultado o 2023-02-01.
- ↑ "Universo Cantigas". www.universocantigas.gal. Consultado o 2023-02-01.
- ↑ https://www.academia.edu/7742791/Letteratura_galega
- ↑ "O cancioneiro de don Alfonso Sánchez". datos.bne.es. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ "Cancioneiro da Ajuda" (PDF). commons.georgetown.edu. Consultado o 1 de febreiro de 2023.