Mario Tiddia
![]() (1964) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de maio de 1936 ![]() Sarroch, Italia (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 5 de agosto de 2009 ![]() Sarroch, Italia (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 170 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 70 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista (–1968), adestrador de fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Mario Tiddia, nado en Sarroch, Cagliari, o 5 de maio de 1936 e finado no mesmo lugar o 5 de agosto de 2009, foi un futbolista e adestrador italiano, que xogaba como defensa. A súa carreira estivo estreitamente vencellada ao Cagliari, club onde se converteu nun símbolo. Militou nel como futbolista durante unha década e máis tarde adestrouno en varias etapas.
Era curmán do arcebispo Pier Giuliano Tiddia.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Como xogador permaneceu máis dunha década no Cagliari, club ao que chegou en 1958 procedente do Olbia. Viviu un descenso á Serie C na tempada 1959/60 e logo o primeiro ascenso do club sardo á Serie A na 1963/64, da que foi un dos protagonistas. Na campaña seguinte alcanzou o sexto posto da liga. Disputou un total de 58 partidos na Serie A e 98 na Serie B.
Co Cagliari tamén viviu unha experiencia no campionato norteamericano organizado en 1967 pola United Soccer Association e recoñecido pola FIFA, no que o equipo sardo saíu ao campo representando os Chicago Mustangs e obtendo o terceiro posto na División Oeste.[2][3]
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Foi adestrador asistente do Cagliari durante varios anos e máis tarde dirixiu o conxunto rossoblu en diferentes etapas. Pasou por momentos pouco brillantes como o descenso á Serie B da tempada 1975/76, pero tamén foi o protagonista do retorno á máxima categoría en 1978. Na tempada 1980/81 obtivo un sexto posto na liga.
Ademais do Cagliari tamén adestrou o Pescara na Serie B e o Torres na Serie C2. En 1983 foi reclamado de novo polo Cagliari, que acababa de caer á Serie B, pero non conseguiu o ascenso. Na tempada 1987/88 volveu de novo ao banco do equipo rossoblu, que militaba desta vez na Serie C1 e estaba en postos de descenso, e conseguiu a salvación. Logrou tamén permanencia co La Palma Cagliari na súa única tempada na Serie C2. Era alcumado "Cincinnato", en referencia ao ditador romano Lucio Quinzio Cincinnato, debido a que alternaba a actividade de adestrador coa de labrego.[4]
Doente durante moito tempo, morreu na súa localidade natal o 5 de agosto de 2009.[4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O Cagliari incluíuno no seu Salón da Fama.[5] O campo municipal de Sarroch, a súa localidade natal, leva o seu nome.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Cagliari
- Serie C (1): 1961/62.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Murtas, Gianfranco (15 de decembro de 2016). "Don Pier Giuliano Tiddia, arcivescovo emerito di Oristano, è prete da 65 anni. Gli auguri di quanti gli vogliono bene!" (en italiano). Consultado o 27 de abril de 2022.
- ↑ "The Year in American Soccer - 1967" (en inglés). 15 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2019. Consultado o 27 de abril de 2022.
- ↑ "Con Scopigno negli States 47 anni fa". La Nuova Sardegna (en italiano). 30 de maio de 2014. Consultado o 27 de abril de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 "Addio Cincinnato! Il Cagliari piange la morte di Tiddia" (en italiano). 7 de agosto de 2009. Consultado o 27 de abril de 2022.
- ↑ "Hall of Fame" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2022. Consultado o 27 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en nasljerseys.com (en inglés).