Mario Cabanas
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de maio de 1985 ![]() A Coruña, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Mario Cabanas Fidalgo, nado o 9 de maio de 1985 na Coruña, é un xogador profesional de baloncesto galego. Actualmente xoga para o Club Baloncesto Culleredo da Liga LEB, onde ocupa a posición de pivote cunha altura de 2,08 metros.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na Coruña, Cabanas formouse nas categorías inferiores do Club Baloncesto Calasanz, pasando a formar parte na tempada 2003−04 do DKV Casablanca Zaragoza da Liga EBA. Tras unha tempada no equipo aragonés, o pivote galego pasou a formar parte do equipo de EBA do CB Granada, para pasar na tempada seguinte ao equipo júnior do club granadino.
Na tempada 2006−07 asinou co Ciudad de La Laguna Canarias, club co cal conseguiu o ascenso á Liga LEB Ouro ese mesmo ano, permanecendo alí aínda outra temporada máis. Posteriormente defendeu durante un ano a camiseta do CB L'Hospitalet, asinando posteriormente polo Cajasol Sevilla de ACB.[2] No equipo andaluz xogou dúas temporadas, cun total de corenta partidos, onde fixo unha media de 1,3 puntos e 0,43 rebotes por partido. Ano ano seguinte asinou co Obradoiro, onde xogou catorce partidos para unha media de 1,4 puntos e 1 rebote por encontro.
Posteriormente converteuse nun habitual da Liga LEB, onde xogou en Planasa Navarra, Básquet Coruña, Palma Air Europa, Oviedo, Marín Peixegalego, San Pablo Inmobiliaria Burgos, Cafés Candelas Breogán e CB Culleredo.[3]
Clubs
[editar | editar a fonte]DKV Casablanca Zaragoza (EBA, 2003−2004)
CB Granada (EBA, 2004−2006)
CB Canarias (LEB, 2006−2008)
CB L'Hospitalet (LEB, 2008−2009)
CB Sevilla (ACB / Eurocup, 2009−2011)
Obradoiro (ACB, 2011−2012)
Planasa Navarra (LEB, 2012−2013)
Básquet Coruña (LEB, 2013−2014)
Palma Air Europa (LEB, 2014−2015)
Oviedo (LEB, 2015−2016)
Marín Peixegalego (LEB, 2016−2017)
San Pablo I. Burgos (LEB, 2017)
CB Breogán (LEB, 2017)
CB Culleredo (LEB, 2017−)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mario Cabanas e Bropleh incorpóranse ao Breogán". La Voz de Galicia. 21 de febreiro de 2017.
- ↑ "El Cajasol incorpora al joven pívot gallego Mario Cabanas". ACB.com. 4 de agosto de 2009. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2011. Consultado o 24 de outubro de 2011.
- ↑ "Mario Cabanas, nuevo jugador del Culle de Liga EBA" (en castelán). 9 de agosto de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en ACB.com (en castelán)
- Perfil en FEB.es (en castelán)
- Nados na Coruña
- Nados en 1985
- Xogadores de baloncesto de Galicia
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores do CB Canarias
- Xogadores do CB L'Hospitalet
- Xogadores do CB Sevilla
- Xogadores do Obradoiro CAB
- Xogadores do Basket Navarra Club
- Xogadores do Club Básquet Coruña
- Xogadores do Oviedo CB
- Xogadores do CB Peixefresco
- Xogadores do CB Miraflores
- Xogadores do Club Baloncesto Breogán
- Pivotes de baloncesto