Marie Tharp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarie Tharp

(1968) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xullo de 1920 Editar o valor em Wikidata
Ypsilanti, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte23 de agosto de 2006 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Nyack, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de mama Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaNova York (1948–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Míchigan
Universidade de Tulsa (pt) Traducir
Universidade de Ohio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoOceanografía e xeoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncartógrafa , oceanógrafa , xeóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Columbia (1952–1983)
Amoco (pt) Traducir (1944–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalBruce C. Heezen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Tharp-772

Marie Tharp, nada en Ypsilanti (Míchigan) o 30 de xullo de 1920 e finada en Nyack (Nova York) o 23 de agosto de 2006, foi unha cartógrafa oceanográfica e xeóloga estadounidense que, xunto con Bruce Heezen, creou o primeiro mapa científico de todo o solo oceánico. A obra de Tharp puxo de manifesto a existencia da dorsal mesoatlántica e revolucionou a comprensión científica da deriva continental.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pai de Tharp, William, fixo mapas de clasificación de solos para o Departamento de Agricultura dos Estados Unidos de América. A súa nai, Bertha, foi mestra de alemán e latín.

Tharp graduouse na Universidade de Ohio en 1943 con graos de bachelor en inglés e música e outros catro menores. Máis tarde recibiu o grao máster en xeoloxía pola Universidade de Míchigan antes de obter un grao en matemáticas pola Universidade de Tulsa mentres traballaba como xeóloga para a compañía Stanolind Oil.[1]

En 1948 trasladouse a Nova York, onde obtivo un emprego con Maurice Ewing no Laboratorio xeolóxico Lamont (na actualidade coñecido como Observatorio terrestre Lamont-Doherty) na Universidade de Columbia, inicialmente como delineante xeral.[1] Alí Tharp coñeceu a Heezen e nunha obra xuntos empregaron datos fotográficos para localizar avións militares afundidos durante a segunda guerra mundial.[2] Máis tarde, comezaron a traballar xuntos para trazar a topografía do solo oceánico. Durante os primeiros dezaoito anos da súa colaboración, Heezen recolleu datos a bordo do barco do observatorio, o Vema, e Tharp trazou mapas a partir deses datos, posto que as mulleres naquela época aínda estaban excluídas do traballo a bordo dos barcos. Impedida de levar a investigación a bordo a principios da súa carreira por este motivo, máis tarde uniuse á expedición que recolleu datos en 1965. Tharp, independentemente, empregou datos recollidos do barco de exploración da Institución Oceanográfica de Woods Hole Atlantis e datos sismográficos de terremotos submarinos. A súa obra con Heezen representou o primeiro intento sistemático de facer un mapa de todo o solo oceánico.

Tharp e Heezen publicaron o seu primeiro mapa fisiográfico do Atlántico Norte en 1957. Colaborando co pintor paisaxista austríaco Heinrich Berann, publicaron o seu mapa de todo o solo oceánico en 1977, que coincidiu co ano do pasamento de Heezen. Aínda que durante un tempo Heezen estivo a favor da hipótese da expansión terrestre,[3][4] baixo a dirección de Tharp cambiouse ás teorías alternativas da tectónica de placas e a deriva continental.

Continuou a traballar na facultade da Universidade de Columbia ata 1983, tralo que emprendeu un negocio de distribución de mapas en South Nyack, Nova York, durante o seu retiro.

Faleceu de cancro en Nyack (Nova York) o 23 de agosto de 2006.[5]

Legado[editar | editar a fonte]

  • O cráter lunar Tharp leva este nome na súa memoria.[6]
  • En 2009, Google Earth incluíu o Marie Tharp Historical Map, para permitir aos usuarios ver o mapa do océano de Tharp coa interface de Google Earth.[7]
  • En 2013, Hali Felt publicou unha biografía de Marie Tharp titulada "Soundings: The Story of the Remarkable Woman Who Mapped the Ocean Floor".[8] Foi citada por The New York Times como "testamento elocuente á importancia de Tharp e ao poder da imaxinación de Felt".[9][10]
  • The Marie Tharp Fellowship é unha bolsa académica competitiva que se outorga a mulleres que traballan con investigadores do Instituto da Terra da Universidade de Columbia.[11][12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Tharp, Marie (12 de decembro de 2006). "Marie Tharp biography". Institución Oceanográfica de Woods Hole. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2007. Consultado o 2 de xuño de 2008. 
  2. Evans, R. (novembro de 2002). "Plumbing Depths to Reach New Heights". Consultado o 2 de xuño de 2008. 
  3. Barton, C. (2002). Marie Tharp, oceanographic cartographer, and her contributions to the revolution in the Earth sciences 192. Geological Society, London, Special Publications. pp. 215–228. doi:10.1144/GSL.SP.2002.192.01.11. 
  4. Doel, R.E.; Levin, T.J.; Marker, M.K. (2006). Extending modern cartography to the ocean depths: military patronage, Cold War priorities, and the Heezen-Tharp mapping project, 1952-1959 32. Journal of Historical Geography. pp. 605–626. doi:10.1016/j.jhg.2005.10.011. 
  5. Fox, Margalit (26 de agosto de 2006). "Marie Tharp, Oceanographic Cartographer, Dies at 86". New York Times. Consultado o 9 de abril de 2012. 
  6. Planetary Names
  7. "Google Earth drops into the oceans". Guardian News (en inglés). 2 de febreiro de 2009. Consultado o 12 de outubro de 2014. 
  8. Macmillan Publishers: Hali Felt Arquivado 19 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine., consultado o 12 de outubro de 2014
  9. Orixinal en inglés: "Eloquent testament both to Tharp's importance and to Felt's powers of imagination".
  10. Floating Ideas: ‘Soundings,’ About Marie Tharp, by Hali Felt, New York Times, 25 de xaneiro de 2013, Consultado o 12 de outubro de 2014
  11. "Marie Tharp Fellowship Information" (PDF). earth.columbia.edu. Columbia University. 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de decembro de 2012. 
  12. "The Marie Tharp Fellowship". earth.columbia.edu. The Earth Institute, Columbia University. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2018. Consultado o 2016-08-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]