Saltar ao contido

Maribel Longueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaribel Longueira
Biografía
NacementoA Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte1951 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidad Nacional de Educación a Distancia
Universidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafa Editar o valor en Wikidata

María Isabel Longueira Mira, máis coñecida por Maribel Longueira[1] nada na Coruña en 1951 é unha artista e fotógrafa galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Historia da Arte Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse sobre patrimonio e fotografía na UNED e especializouse en xestión de Patrimonio e Bens Culturais na Universidade da A Coruña.

Ten traballado en actividades de interese plástico como cinema, teatro, cerámica, pintura e, sobre todo, na fotografía como investigación teórica e na práctica,[2] ademais de fotografía téxtil.

Traballa poesía visual, fundamentalmente con temas ecolóxicos e humanistas: “Ulo o amor”, “Grafías de vento e auga”, “URBS”, “MOON”, “Swit Habana”.

Exposicións

[editar | editar a fonte]

Realizou numerosas exposicións persoais e colectivas en España, Cuba, Francia, Gran Bretaña, Brasil, Estados Unidos, Islandia...[3]

  • Alguén agarda que volva alí (1998). Sobre a Habana.[4]
  • Os hórreos e a cultura do pan (2000).[5]
  • A paisaxe como pretexto
  • O Prestige, o poder da Educación Ambiental e nós (dir.) (2004).
  • Xente no medio. Gente en el medio (2009).
  • O mar da vida
  • O Papagaio: a pegada dos sentidos
  • inCERTEZA

Obras (fotografía)

[editar | editar a fonte]
  • Unha viaxe á procura do solpor. Do Tambre á fin da terra (2000), de Francisco Fernández Naval. A Nosa Terra.
  • O mundo da pesca na literatura galega (2001) de Francisco Fernández Naval.
  • Muros: ronsel de pedra, espiral de mar (2003), de Francisco Fernández Naval. Deputación da Coruña.
  • Homenaxe a Ánxel Casal (AELG) (2005).[6]
  • O Papagaio, con poemas de Luisa Villalta[7] (2006). Laiovento e Kalandraka (2024).
  • Alguén agarda que volva ali (2008).
  • Entremiradas I, Galicia Bos Aires (2009). Xunta de Galicia.
  • Entremiradas II Galicia Cuba (2009). Xunta de Galicia.
  • As Crebas: outro xeito de andar ao mar (2014), de Francisco Fernández Naval. Baía Edicións.
  • Mar de Lira (2024), de Francisco Fernández Naval. Caldeirón.

Colectivas

[editar | editar a fonte]
  • O petroglifo do Filladuiro. Enigma na pel da pedra (2008). Toxosoutos
  • Un ruído procado(r). Voces arredor de Luísa Villalta (2024). Laiovento.
  1. Cartea, Pablo Ángel Meira (2004). "O Prestige, o poder da Educación Ambiental e nós". Efecto Prestige: o mar da vida e os seus ámbitos, IV Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional, Carnota, 20, 21 e 22 de xuño, 2003 (Asociación Cultural Canle de Lira): 9–26. ISBN 978-84-609-1498-3. 
  2. "'inCERTEZA' de Maribel Longueira". 'inCERTEZA' de Maribel Longueira. 3 de feb. de 2010. Consultado o 2024-07-09. 
  3. admin (2022-06-15). "Biografía Maribel Longueira". Consultado o 2024-07-09. 
  4. "Maribel Longueira. Alguén agarda que volva alí. 1998". todocoleccion.net (en castelán). Consultado o 2024-07-09. 
  5. Longueira Mira, María Isabel; Fundación Caixa Galicia; Asociación Cultural Canle de Lira, eds. (2001). O hórreo e a cultura do pan: I Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional, Carnota, 23, 24 e 25 do San Xoan do 2000 (en glgspa). Carnota: Asociación Canle de Lira. ISBN 978-84-607-2591-6. 
  6. "Homenaxe a Anxel Casal" (PDF). ageps.webs.uvigo.es. 
  7. "Villalta, la poeta "valiente" que retrató "con humanidad" la prostitución del barrio coruñés del Papagayo". La Vanguardia (en castelán). 2024-05-11. Consultado o 2024-07-09. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]