Maria Cibrario Cinquini
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de setembro de 1906 Xénova |
| Morte | 16 de maio de 1992 Pavia |
| Educación | Universidade de Turín |
| Director de tese | Guido Fubini (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Teoría de ecuacións diferenciais |
| Ocupación | matemática, profesora universitaria |
| Empregador | Universidade de Turín Universidade de Pavia |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Silvio Cinquini |
Elisa Maria Eugenia Cibrario Cinquini, nada en Xénova o 6 de setembro de 1905 e finada en Pavia o 16 de maio de 1992, foi unha matemática italiana especializada en ecuacións diferenciais en derivadas parciais e coñecida polas súas investigacións en asociación con Guido Fubini, Giuseppe Peano e Francesco Tricomi.[1]
Investigación
[editar | editar a fonte]A tese de Cibrario de 1927 é sobre ás transformadas de Laplace e á súa aplicación ás ecuacións en derivadas parciais parabólicas . Unha das súas principais áreas de estudo foi as ecuacións diferenciais parciais de tipo mixto elíptico-hiperbólico, descubrindo que o traballo anterior de Tricomi sobre esta área estaba incompleto e publicou unha clasificación completa destas ecuacións e a solución adecuada e métodos para cada tipo de ecuación dentro desta clasificación. Este traballo tivo máis tarde unha gran aplicabilidade á aerodinámica de aeronaves transónicas, e a ecuación de Cibrario-Cinquini recibe o nome do seu traballo neste momento.[2]
O seu traballo posterior centrouse nas ecuacións diferenciais non lineais, sistemas de ecuacións hiperbólicas e teoría de curvas e funcións xeneralizadas. Tamén inclúe a solución de problemas antigos de Édouard Goursat sobre ecuacións hiperbólicas non lineais e de Augustin-Louis Cauchy sobre sistemas de ecuacións de primeira orde.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Núñez-Valdés, Juan (2017). "Mujeres y matemáticas: Maria Cibrario Cinquini: Una matemática entre tres buenos matemáticos". Boletín de la Titulación de Matemáticas de la UAL 10 (2): 15–16. ISSN 1988-5318.
- ↑ Otway, Thomas H. (2012). Otway, Thomas H., ed. The Equation of Cinquini-Cibrario. Lecture Notes in Mathematics (en inglés). Berlin, Heidelberg: Springer. pp. 47–85. ISBN 978-3-642-24415-5. doi:10.1007/978-3-642-24415-5_3.