Conversa:Marcos o Evanxelista

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • Na wiki portuguesa explica que o primeiro Patriarca da igrexa ortodoxa foi Santo André, e Marcos só o foi da igrexa copta.--Xoán Carlos Fraga 09:17, 31 xaneiro 2007 (UTC)

Santo André tradicionalmente está considerado como o primeiro bispo de Bizancio por iso se considera o primeiro Patriarca de Bizancio (que despois sería a sede da principal dignidade dos ortodoxos) pero hai que lembrar que estamos falando dunha época anterior á división do cristianismo, non había nin ortodoxos nin coptos nin católicos. Marcos está considerado o primeiro patriarca de Alexandría (que máis tarde sería a principal dignidade dos coptos) tanto para católicos, ortodoxos e coptos. Pero utilizar a palabra papa pode dar lugar a confusións.--Miñato 17:40, 31 xaneiro 2007 (UTC)