Marc Guiu
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Marc Guiu Paz 4 de xaneiro de 2006 (19 anos) Granollers, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,9 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro centro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 38 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Marc Guiu Paz, nado en Granollers o 4 de xaneiro de 2006, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Granollers, comezou a xogar ao fútbol na Penya Barcelonista Sant Celoni, unha peña do FC Barcelona.[1] Na tempada 2013/14 ingresou na canteira do propio Barcelona e tras ir subindo polas diferentes categorías inferiores, foi convocado por primeira vez polo primeiro equipo en xuño de 2023, antes dos partidos de pretemporada contra o Celta de Vigo e o Vissel Kobe.[2] Realizou o seu debut non oficial co Barcelona neste último partido, substituíndo tralo descanso a Robert Lewandowski.[3][4]
O 22 de outubro debutou na Primeira División, saltando á herba do Camp Nou nos minutos finais dun partido ante o Athletic Club, e só 23 segundos despois marcou o gol da vitoria co seu segundo toque ao balón.[5][6][7] Con 17 anos e 291 días, converteuse no debutante máis novo e máis rápido en marcar co Barcelona en liga.[8][9]
Tres días despois debutou tamén na Liga de Campións, na vitoria por 2-1 contra o Shakhtar Donetsk.[10] Marcou o seu primeiro gol na competición europea e o segundo da tempada o 13 de decembro, nunha derrota por 3-2 ante o Royal Antwerp.[11][12]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional coas seleccións sub-17 e sub-19 de España.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Who is Barca's Marc Guiu? A goalscorer in the shadows" (en inglés). 22 de outubro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024.
- ↑ "Xavi ya mira hacia el futuro: se lleva cuatro juveniles a Vigo" (en castelán). 3 de xuño de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024.
- ↑ "The debutants against Vissel Kobe - one by one" (en inglés). 6 de xuño de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024.
- ↑ "Marc Guiu, el ‘9’ que más gusta a Deco" (en inglés). 23 de outubro de /2023. Consultado o 15 de maio de 2024.
- ↑ "FC Barcelona 1-0 Athletic Club: Dream debut seals three points" (en inglés). 22 de outubro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024.
- ↑ "Marc Guiu: Barcelona’s 17-year-old match-winner transforms his world in 23 seconds". The New York Times (en eb). 23 de outubro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024.
- ↑ "Barcelona teens like Marc Guiu have no fear in faces - Xavi" (en inglés). 23 de outubro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024.
- ↑ "Marc Guiu scored the winner 33 seconds into his senior debut to give Barcelona a 1-0 home win over Athletic Bilbao." (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2024.
- ↑ "Marc Guiu: Veni, vidi, vici" (en inglés). 22 de outubro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024.
- ↑ "Marc Guiu, man of the moment" (en inglés). 30 de outubro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024.
- ↑ "Héctor Fort makes first team debut" (en inglés). 13 de decembro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024.
- ↑ "Marc Guiu mete presión a Lewandowski" (en castelán). 16 de decembro de 2023. Consultado o 15 de maio de 2024.