Maravalla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maravalla
Maravalla
Maravalla
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Xénero: Calendula
Especie: C. officinalis
Nome binomial
'Calendula officinalis'
L.
Asociación benéfica: a maravalla protexe os tomates dos ataques parasitarios.

A maravalla (Calendula officinalis), tamén coñecida como caléndula, é unha planta do xénero Calendula. Era usada na Grecia, Roma, Arabia e India antigas como planta medicinal, como corante téxtil, corante alimentario e en cosméticos.

As follas e pétalos da maravalla son comestíbeis, de modo que os pétalos se adicionan aos pratos como gornición en substitución do sasafrán. As follas poden ser doces mais son xeralmente amargas, e poden usarse nas ensaladas.

Trátase dunha planta bastante cultivada e medra facilmente en lugares soalleiros na maioría dos solos.[1]

Farmacoloxía[editar | editar a fonte]

A Calendula officinalis úsase no tratamento de problemas da pel e da dor, como bactericida, antiséptico e antiinflamatorio. Os pétalos e o pole conteñen ésteres triterpenoides (antiinflamatorio) e os carotenoides flavoxantina e auroxantina (antioxidantes e orixe da coloración amarelo-laranxa). As follas e os caules conteñen outros carotenoides, sobre todo luteína (80%) e zeaxantina (5%) e betacaroteno. Os extractos da planta tamén son moi usados nos cosméticos, presumibelmente debido à presenza de compostos como saponinas, resinas e aceites esenciais.

A maravalla é unha planta que, desde 2009, foi recoñecida polo Ministerio da Saúde do Brasil como posuidora de propiedades fitoterápicas.

Alén diso, a caléndula está presente na fórmula dalgúns xampús para cabelos claros, pois sabese que o extrato desa planta contén, así como a camomila e a macela, un pigmento amarelo responsábel por acentuar a cor dos cabelos de tons castaño claro a louro dándolles reflexos dourados de forma natural e gradual.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carrie Mayes (2001). "Calendula officinalis" (HTML). Herb Information Greenpaper. The Herb Research Foundation. Consultado o 2007-12-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Maravalla

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • National Institutes of Health. "Calendula". Herbs and Supplements. U.S. National Library of Medicine. Consultado o 2007-12-19. 
  • "Calendula officinalis - L.". Plants For A Future. 2004. Consultado o 2007-12-19. 
Wikispecies
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Maravalla