Mar Caldas
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) María del Mar Rodríguez Caldas 25 de abril de 1964 Vigo, España |
| Outros nomes | Mar Caldas |
| Educación | Facultade de Belas Artes de Pontevedra Universidade de Vigo |
| Actividade | |
| Ocupación | artista, pintora |
Mar Caldas, nada en Vigo o 25 de abril de 1964,[1] é unha artista visual e fotógrafa galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutora pola Universidade de Vigo, obtivo o premio extraordinario pola tese El valor y el significado de los productos culturales. Desplazamientos y fricciones en las transacciones artísticas contemporáneas, dirixida por Jesús Hernández Sánchez. Formou parte do Comité Científico do I Congreso de Xénero, Museos e Arte (2013).[2][3]
Participou en diversos obradoiros na Habana, Donostia, Mallorca e o Brasil. Traballa coa imaxe fotográfica, a partir de instalacións, fotos en branco e negro, e cadros utilizados como obxecto narrativo. En 1999 recibiu a Bolsa de Creación Artística no Estranxeiro Unión Fenosa [4]. En 2023 presentou a curtametraxe documental 12 de maio de 1937. Nesta curtametraxe, Caldas usa como fío condutor o fusilamento do seu avó, José Caldas Iglesias, que tivo lugar na data que da lugar ao título da curtametraxe, para afondar nas repercusións familiares e sociales dun fusilamento.[5]
En 2025 presentou a exposición Mulleres, traballo e memoria[6] no Centro Galego de Arte Contemporánea, na que aborda o traballo das mulleres e a denuncia a súa escasa consideración, pasada e presente. Ademais de feminismo e conciencia de clase nesta exposición trátase a reparación da ferida franquista, que abordou na curtametraxe 12 de maio de 1937.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Curriculum vitae" (PDF). Artistas MAC. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ "Secións". Consello da Cultura Galega. Consultado o 25 de agosto de 2018.
- ↑ "I Congreso Xénero, Museos e Arte". www.museolugo.org (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ Barro, David (12 de decembro de 2002). "Arrebato de frescura". www.elcultural.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2019.
- ↑ Estudos Audiovisuais USC (2024-04-23). "Proxección e debate ao redor de 12 de maio de 1937 (Mar Caldas, artista visual)". Consultado o 2025-10-13.
- ↑ "MAR CALDAS. MULLERES, TRABALLO E MEMORIA | Centro Galego de Arte Contemporánea". cgac.xunta.gal. Consultado o 2025-03-24.
- ↑ Ana G. Liste (2025-03-07). "'Mulleres, traballo e memoria', de Mar Caldas: feminismo, conciencia de clase e reparación da ferida franquista". Praza Pública. Consultado o 2025-03-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Caldas, Mar". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 162.
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Caldas, Mar". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 92. ISBN 84-8064-113-4.