Saltar ao contido

María de la Fuente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría de la Fuente
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
As Pontes de García Rodríguez, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora Editar o valor en Wikidata

Dialnet: 4270301

María de la Fuente Freire, nada nas Pontes en 1978, é unha científica galega especialista en nanotecnoloxía. Ademais do seu labor investigador promove a igualdade de xénero no eido da investigación.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

María de la Fuente é licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela ( 2001) e doutora na área de Nanomedicina e Terapia xénica (2006).[3] Durante a súa su formación posdoutoral tivo unha bolsa de investigación por parte da Fundación Alfonso Martín Escudero (2008-2010), e dun contrato para investigadores posdoutorais financiado pola Fundación Científica da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

No ano 2013 obtén un contrato Miguel Servet do ISCIII, e constitúe a Unidade de Nano-Oncoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.[3] A súa actividade investigadora céntrase na aplicación da nanotecnoloxía, para mellorar o diagnóstico e tratamento do cancro, sendo investigadora principal de varios proxectos de investigación (autonómicos, nacionais e internacionais), autora de numerosos artigos científicos, e inventora de 5 patentes.[1][3]

Na loita a favor da igualdade das mulleres científicas, promoveu a campaña #oCientificaoMadre para que a maternidade non supuxese unha discriminación na carreira profesional,[4][5] unha campaña nos medios moi importante que supuxo un punto de inflexión no ámbito nacional, e deu lugar ao inicio de cambios lexislativos en convocatorias nacionais dependentes da Axencia Estatal de Investigación e do Instituto de Saúde Carlos III.[2][6] Foi proposta para optar á Medalla Emilia Pardo Bazán,[7] como referente na loita pola igualdade de xénero no eido da ciencia e a investigación.[8] En 2021 unha sentenza recoñeceu a discriminación na convocatoria á que a científica galega se presentou en desvantaxe por mor do permiso de maternidade[9] e o seu caso foi tomado como exemplo da discriminación que se debe superar na proposición de lei Ángeles Alvariño aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia.[10]

  1. 1,0 1,1 Referentes. "María de la Fuente Freire". Executivas (en castelán). Consultado o 2020-08-11. 
  2. 2,0 2,1 "María de la Fuente: «Llegué a culpabilizarme por no trabajar mucho en mis bajas por maternidad»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-03-14. Consultado o 2020-08-11. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "María de la Fuente Freire". Grupo de Oncología Médica Traslacional (en castelán). Consultado o 2020-08-11. 
  4. "Cuatro investigadoras lanzan una campaña para visibilizar la discriminación que supone ser madre y científica". www.publico.es. Consultado o 2020-08-11. 
  5. Redacción (2019-02-27). "Un mural na Gran Vía de Madrid recoñece o labor da científica María de la Fuente". GCiencia. Consultado o 2020-08-11. 
  6. Rey, Manuel (2019-01-16). "A galega María de la Fuente gana a batalla polas nais científicas". GCiencia. Consultado o 2020-08-11. 
  7. "Feijóo destaca la creación de las medallas Emilia Pardo Bazán que reconocerán a las personas e instituciones que desarrollen acciones relevantes a favor de la igualdad". igualdade.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2020-08-11. 
  8. "Candidatura de María de la Fuente á Medalla Emilia Pardo Bazán – InvestiGal". Consultado o 2020-08-11. 
  9. Rey, Manuel (2021-02-10). "O caso de María de la Fuente: un precedente pola igualdade na investigación". GCiencia. Consultado o 2021-02-15. 
  10. "A lei promovida polo BNG para a igualdade entre homes e mulleres na investigación acada o apoio de todo o Parlamento". Praza Pública. 2021-03-23. Consultado o 2021-03-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]