María Seoane Romero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Seoane Romero
Datos persoais
Nacemento1981
 Santiago de Compostela
OrganizaciónPPdeG
ProfesiónLicenciada en Dereito
editar datos en Wikidata ]

María Seoane Romero, nada en Santiago de Compostela en 1981, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Dereito pola UDC e diplomada polo Seminario de Estudos de Defensa CESEDEN-USC, con especialización no estudo das guerrillas colombianas.

Traballou coma asesora cultural e para a xestión económica da Fundación Valle–Inclán dende o 2004 ata o 2009.

Afiliouse ó Partido Popular de Galicia con 18 anos e dende entón colaborou en Novas Xeracións, primeiro coma vogal na xunta local de Santiago de Compostela, onde tivo responsabilidades na área de asociacionismo e formación, máis tarde como coordinadora de Muller e Asuntos Sociais de Galicia e dende maio de 2005 como coordinadora xeral. Tamén integra a xunta directiva do PPdeG dende 2006. Accedeu á Presidencia Rexional de Novas Xeracións de Galicia en decembro de 2006, cargo que ostentou ata o ano 2010. É membro da Xunta Directiva do Partido Popular de Galicia dende 2006.

Entre os cargos que desempeñou ó longo da súa vida política, cabe destacar que foi membro do Consello da Xuventude de Galicia do 2005 ó 2007, sendo a Secretaria de Ensino e Voluntariado, concelleira do Concello de Santiago de Compostela entre 2007 e 2011 e deputada autonómica polo PPdeG no Parlamento de Galicia dende 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]