María Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Seoane
Maria Seoane 2015.jpg
Nacemento25 de xaneiro de 1948
 Buenos Aires
NacionalidadeArxentina
Alma máterUniversidade de Buenos Aires
Ocupaciónescritora e xornalista
editar datos en Wikidata ]
Non confundir con María Seoane Toimil (Silleda, 1952).

María Seoane, nada en Buenos Aires o 25 de xaneiro de 1948, é unha xornalista arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como redactora de política nacional da Revista "El Periodista de Buenos Aires" (1985-1989) e do Diario "Sur" entre 1989 e 1990. A partir de 1994 foi prosecretaria de redacción de política nacional do diario Clarín. Entre 1992-1994 foi redactora xefe da Sección Arxentina da revista Noticias. Desde 1998 dirixiu o suplemento Zona do diario Clarín. Tamén ten publicado colaboracións na Revista "Di" de México, os diarios Uno más uno e El Universal de México e a revista Nova Sociedade de Turín, Italia.

É docente no Máster de Xornalismo da cátedra de Investigación Xornalística da Universidade de San Andrés (Bos Aires), e a Universidade de Columbia (Estados Unidos).

Foi consultora da OEA elaborando os informes sobre liberdade de expresión para a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH).

Ten publicado varios libros sobre temas políticos da historia arxentina.

Obtivo numerosos premios entre os que poden mencionarse o Premio Konex (1994), o Premio Internacional de Prensa Rei de España (1998), o premio Cortázar da Cámara Arxentina do Libro (2000), o Premio á Traxectoria da Fundación Henry Moore (2000), o Premio Rodolfo Walsh de Xornalismo, da Facultade de Xornalismo e Comunicación da Universidade Nacional da Prata (2002).

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • La noche de los lápices (1986), Editorial Contrapunto, levado ao cine por Héctor Olivera
  • Menem, la patria sociedad anónima (1990), Editorial Gente Sur
  • Todo o nada. Biografía de Mario Roberto Santucho (1991), Editorial Planeta
  • El burgués maldito. Biografía de José B. Gelbard (1998), Editorial Planeta
  • El dictador. Biografía de J. R. Videla (Coautora) (2001), Editorial Sudamericana
  • Argentina. El siglo del progreso y la oscuridad (2006), Editorial Planeta
  • El enigma Perrotta, (2011), Sudamericana [1]
  • Bravas. Alicia Eguren de Cooke y Susana Pirí Lugones (2014), Sudamericana
  • El nieto. La trágica y luminosa historia de Ignacio "Guido" Montoya Carlotto, con Roberto Caballero. (Maio de 2015), Sudamericana
Cuadernos de Caras y Caretas

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]