Saltar ao contido

María San Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría San Gil

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
7 de xuño de 2005 – 22 de setembro de 2008
Deputado do Parlamento do País Vasco
16 de maio de 2005 – 22 de setembro de 2008
← Manuel Michelena Iguaran (en) Traducir

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Q32979606 Traducir
6 de novembro de 2004 – 12 de xullo de 2008
← Carlos IturgaizAntonio Basagoiti →
Deputado do Parlamento do País Vasco
12 de xuño de 2001 – 30 de novembro de 2001
Deputado do Parlamento do País Vasco
8 de xuño de 2001 – 30 de novembro de 2001 – Arantza Quiroga Cía →

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Concelleira de Donostia
1995 – 2004 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Pontificia de Salamanca - Licenciatura Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular (1995–2021) Editar o valor en Wikidata
Participou en
14 de marzo de 2018Manifesto pola Historia e a Liberdade
14 de xullo de 2014manifesto «Libres e Iguais»
¡Basta Ya! Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX5096803

María San Gil Noain, nada en Donostia o 15 de xaneiro de 1965, é unha política española que desenvolveu o seu labor no País Vasco. Ex tenente de alcalde do concello de Donostia (1999-2002) e ex deputada no Parlamento Vasco. Foi residenta do Partido Popular do País Vasco, e desempeñou cargos de relevancia dentro da estrutura interna do Partido Popular. Está casada e ten dous fillos.

Realizou o bacharelato no "Colexio Francés" desta cidade. Cursou estudos superiores en Salamanca, onde se licenciou na especialidade de Filoloxía Bíblica Trilingüe (linguas hebrea, latina e grega) na facultade do mesmo nome da Universidade Pontificia, onde impartía clase Carlos Carrete Parrondo.

Actividade política

[editar | editar a fonte]

Entre os anos 1991 e 1992 traballou como secretaria do Grupo Popular no Concello de Donostia. Posteriormente pasou a colaborar co Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro Delegado de Urbanismo de San Sebastián, Gregorio Ordóñez, en calidade de asesora.

O 23 de xaneiro de 1995, cando comía con ela nun restaurante da cidade, Gregorio Ordóñez foi asasinado dun tiro na testa pola organización terrorista ETA, sendo condenado o membro de ETA, Francisco Javier García Gaztelu, alias "Txapote", a 30 anos de prisión.[1][2] Este feito produciu un cambio radical na dirección da súa carreira política, pasando á primeira fila da actividade política.

Durante a lexislatura 1995-1999 pasou a formar parte, como concelleira, do Grupo Popular do Concello donostiarra. Ó longo da seguinte, até marzo de 2002, desempeñou os cargos de concelleira delegada de Desenvolvemento Económico, Emprego e Comercio e de tenente de alcalde.

Tras o Congreso celebrado o 24 de xuño de 2000, foi nomeada Presidenta do Partido Popular de Guipúscoa. No 2003, converteuse en voceira do Grupo Popular no mesmo Consistorio. En xullo de 2004, por ser candidata a lehendakari polo Partido Popular do País Vasco, renunciou á súa acta de concelleira e simultaneamente abandonou a presidencia provincial desta formación.

Vicesecretaria do Partido Popular do País Vasco, en 2004, tras o XI Congreso Rexional, celebrado os días 5 e 6 de novembro, foi nomeada Presidenta do mesmo partido. Desde o XIII Congreso, (xaneiro de 1999), forma parte tamén do Comité Executivo Nacional.

Nas eleccións autonómicas do País Vasco en 2005, foi cabeza de lista pola provincia de Guipúscoa e realizou campaña como candidata a lehendakari. Tras estes comicios o PP perdeu a segunda praza tanto en número de votos como en escanos e converteuse en terceira forza política vasca, tras o Partido Nacionalista Vasco e o Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra). Tras estes comicios ocupou o cargo que antes ocupara Jaime Mayor Oreja como Presidenta do PP do País Vasco.[3]

O 18 de abril de 2007, ó serlle diagnosticado un cancro de mama, apartouse temporalmente da actividade política; porén, o 2 de agosto do mesmo ano anunciou o seu regreso, asegurando que a súa enfermidade, trala intervención cirúrxica e o postoperatorio consecuente, tiña "un magnífico prognóstico, de recuperación do 100 %".[4][5]

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]

Defínese como "filla adoptada" de Jaime Mayor Oreja. Frecuentemente polémica nas súas declaracións, defende os seus argumentos con contundencia e cre nunha vía de goberno alternativa ó nacionalismo vasco, ó cal considera excluínte e crispante.[6][7][8][9][10] Tras a derrota electoral, que supuxo o apartamiento de Mayor Oreja da política no País Vasco, segundo os opoñentes políticos de María San Gil, ela representa a corrente máis conservadora dentro do Partido Popular.[11]

En novembro de 2006 manifestouse pública e frontalmente en contra do diálogo do goberno de Rodríguez Zapatero con ETA.[12][13]

En decembro de 2010 manifestou que existían lagoas no 11-M.[14]

  1. San Gil presta declaración en el juicio por el asesinato de Ordóñez.
  2. "El etarra 'Txapote', condenado a 30 años por el asesinato de Gregorio Ordóñez": "como autor de un delito de asesinato terrorista con alevosía, en concurso ideal con otro de atentado con premeditación.
  3. Web oficial[Ligazón morta] do Partido Popular do País Vasco
  4. El País: María San Gil regresa a la política tras superar un cáncer de mama
  5. El Correo Digital: San Gil supera un cáncer de mama Arquivado 06 de marzo de 2008 en Wayback Machine. "Vuelvo completamente recuperada y con más fuerza" La presidenta del PP vasco ha agradecido las muestras de apoyo que ha recibido, entre ellas las de Ibarretxe e Imaz, quienes "estuvieron muy cariñosos"
  6. "San Gil compara la reunión de Donostia con el encuentro entre Hitler y Franco". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2008. Consultado o 02 de decembro de 2016. 
  7. ""Con Franco vivíamos en paz"". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2016. Consultado o 02 de decembro de 2016. 
  8. ""María San Gil arremete contra los obispos vascos en la COPE",". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2016. Consultado o 02 de decembro de 2016. 
  9. "Rosa Díez critica a María San Gil por calificar a Patxi López de «fascista»"
  10. San Gil se autodefine como 'hija política' de Mayor Oreja y se proclama como alternativa al nacionalismo 'excluyente', Lukor.
  11. Representa la corriente más conservadora dentro del Partido Popular
  12. El PP rechaza hablar con PSE o PNV sobre el proceso de paz fuera del Parlamento.
  13. Discurso[Ligazón morta] de San Gil (2004)
  14. Mendoza «sospecha» que en el 11-M tomaron parte PSOE, ETA y la inteligencia marroquí