Arantza Quiroga
(2013) | |
Nome orixinal | (es) Arantza Quiroga Cía |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de xullo de 1973 (51 anos) Irún, España |
Líder do partido Partido Popular do País Vasco | |
14 de maio de 2013 – 14 de outubro de 2015 ← Antonio Basagoiti – Alfonso Alonso → Nomeado por: Mariano Rajoy | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
20 de novembro de 2012 – 19 de outubro de 2015 Lexislatura: X lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
3 de abril de 2009 – 19 de novembro de 2012 Lexislatura: IX lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
6ª Presidenta do Parlamento Vasco | |
3 de abril de 2009 – 20 de novembro de 2012 ← Izaskun Bilbao – Bakartxo Tejeria Otermin (pt) → | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
16 de maio de 2005 – 6 de xaneiro de 2009 Lexislatura: VIII lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
31 de decembro de 2001 – 16 de maio de 2005 ← María San Gil Lexislatura: VII lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
25 de novembro de 1998 – 20 de marzo de 2001 Lexislatura: VI lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Q62019531 | |
1995 – 1998 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidad Nacional de Educación a Distancia - dereito |
Actividade | |
Ocupación | política, avogada |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Álvaro Arrieta Konyay |
Pais | Jesús Quiroga e Arantza Cía |
Arantza Quiroga Cía, nada en Irún (Guipúscoa) o 26 de xullo de 1973, é unha política vasca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De pai valisoletano e nai vasca, creceu en Irún, desenvolvéndose nun ambiente nacionalista, no que ela e os seus curmáns entraron en contacto co éuscaro, idioma que ela entende pero que apenas fala. Licenciouse en Dereito, está casada e ten catro fillos.[1]
A súa nai tratou de convencela para votar polo Partido Nacionalista Vasco nas súas primeiras eleccións, voto que ela rexeitou en beneficio do Partido Popular. En 1995 afiliouse a Novas Xeracións do Partido Popular, e foi convencida por José Eugenio Azpiroz para presentarse como candidata ás eleccións municipais en Irún, sendo elixida concelleira. Ós 24 anos participou nunhas xornadas do partido en Madrid, durante as que causou boa impresión a José María Aznar, por aquel entón Presidente do Goberno.[1] En novembro de 1998 accedeu ó Parlamento Vasco como deputada por Guipúscoa. Na lexislatura 2005-2009 presidiu a Comisión de Traballo e Acción Social e foi a representante da Cámara no Consello Vasco de Benestar Social. Tamén estivo á fronte das Secretarías de Política Social do PP en Guipúscoa e no País Vasco.
O 12 de xullo de 2008 foi elixida Vicesecretaria Xeral do Partido Popular para o País Vasco durante o XII Congreso rexional do partido, e foi cabeza de lista do partido por Guipúscoa (e número 3 do PP vasco) nas eleccións autonómicas vascas celebradas o 1 de marzo de 2009, sendo reelixida como deputada. O 31 de marzo, Antonio Basagoiti elixiuna candidata para presidir o Parlamento vasco, resultando electa para o posto o 3 de abril, o que xerou críticas pola súa ideoloxía conservadora e polo feito de non falar o éuscaro.
As primeiras 64 palabras das 485 das que constaba o seu primeiro discurso como Presidenta do Parlamento Vasco foron en éuscaro, o que foi obxecto de críticas positivas e negativas.[2]
Ideoloxía
[editar | editar a fonte]Arantza Quiroga defínese como católica e defensora da familia, situándose na á conservadora do Partido Popular. Catalogou a lei do aborto introducida polo Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero de "insensatez", e apoiou as declaracións do Papa Bieito XVI sobre o preservativo. Segundo algúns medios de comunicación, é simpatizante do Opus Dei.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Elola, Joseba (29 de marzo de 2009). El País, ed. "Yo nunca utilizaría el preservativo". Consultado o 26 de marzo de 2014.
- ↑ "64 palabras en euskera" El País.
- ↑ EFE (31/03/2009). Público.es, ed. "Arantza Quiroga, madre, católica y próxima al Opus Dei" (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2014.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arantza Quiroga |