Carlos Iturgaiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Carlos Iturgaiz
Carlos Iturgaiz en un mitin del PP en Las Arenas (cropped).jpg
Nacemento 20 de outubro de 1965
  Santurtzi
Nacionalidade España
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]


Carlos José Iturgaiz Angulo, nado en Santurtzi (Biscaia) o 20 de outubro de 1965, é un político do Partido Popular do País Vasco.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con familia de orixes carlistas, Iturgaiz criouse entre Santurtzi e Portugalete, onde estudou no Colexio Santa María. Nun principio foi considerado mal estudante e encamiñado á formación profesional. Con todo, na súa adolescencia, unha vez cambiou de instituto, endereitou a súa carreira académica. Posteriormente iniciou estudos de linguas clásicas, que abandonaría para titularse como profesor de acordeón.

A súa traxectoria política iníciase como apoderado das Xuntas Xerais de Biscaia e como concelleiro do Concello de Bilbao no ano 1991. No primeiro cargo estaría até 1993, mentres que no segundo estaría até 1995. En 1994 comezou o seu labor de deputado no Parlamento Vasco, cargo que non deixaría até a súa elección como deputado para o Parlamento Europeo.[1]

Dentro do Partido Popular no País Vasco foi designado secretario xeral en 1993, cargo dende o que pasaría a ser presidente en 1996 e no que estivo até 2004.[1]

Encabezou a lista deste partido nas Eleccións ao Parlamento Vasco de 1998, mentres Mayor era ministro de Interior e conseguiu un gran éxito electoral, ó situar ó PP en segunda posición. Esta era a primeira vez que o PP quedaba nesa posición. O resultado repetiríase en 2001 con Mayor Oreja, pasando o PP a ser a terceira forza en 2005 con María San Gil.

Entre 2004 e 2014 foi eurodeputado, pero non conseguiu revalidar o cargo nas eleccións europarlamentarias do 2014. Tras a elección de Miguel Arias Cañete como comisario europeo, accedeu ao Parlamento Europeo como seguinte da lista do PP.

Notas[editar | editar a fonte]