María Luisa Nache

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Luisa Nache
Biografía
Nacemento1924 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte1985 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Discogs: 1415869 Editar o valor em Wikidata

María Luísa Nache, nada en 1924 na Coruña[1][2][3][4] (nalgunhas fontes indícase Ferrol[5][6]) e finada na mesma cidade en 1985, foi unha soprano galega. Cantou nalgúns dos máis importantes teatros de ópera do mundo con grandes figuras do bel canto e con algúns dos directores de orquestra máis destacados da época. Mantivo unha importante relación profesional co tenor italiano Franco Corelli, con quen cantou óperas como Il trovatore ou Turandot.[7]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

María Luísa Nache comezou a súa formación vocal cando contaba aproximadamente con 14 anos na Coruña, na desctacada Escola de Canto de Bibiana Pérez.[7][8] Posteriormente marchou a Madrid, onde perfeccionou a súa técnica con Lorenzo Simonetti, quen tamén fora mestre de Ofelia Nieto e Ángeles Otein.[7]

En 1945 debutou no Teatro Rosalía de Castro da cidade herculina con Aida, e poucos anos despois, en 1953 no máis importante teatro de ópera do mundo, o Teatro alla Scala de Milán. No seu debut no templo do bel canto interpretou o papel de Glauce en Médée de Cherubini xunto a Maria Callas baixo a dirección de Leonard Bernstein. En 1959, seis anos despois da súa primeira aparición no teatro milanés, regresou para cantar en Il trovatore de Verdi xunto con Franco Corelli.[8]

Nos anos sesenta regresou á Coruña, comezando a espazar as súas representacións operísticas para pasar a adicarse principalmente ao recital. En 1973 obtivo a cátedra de canto do Conservatorio da Coruña, e en 1976 ingresou na Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario, cun discurso sobre voces de ouro galegas no mundo.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Padín, A. (17 de maio de 2004). "María Luisa Nache". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2024. 
  2. "La Temporada Lírica de A Coruña rendirá homenaje a María Luísa Nache". La Opinión (en castelán). 14 de agosto de 2014. Consultado o 22 de febreiro de 2024. 
  3. "María Luisa Nache: Ciencia del canto, arte del estilo. Conferencia". Afundación (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2024. 
  4. Codalario (20 de agosto de 2014). "La temporada lírica de La Coruña rinde homenaje a la soprano María Luisa Nache" (en castelán). Codalario. Consultado o 22 de febreiro de 2024. 
  5. Wonenburger, César (11 de decembro de 2022). "María Luisa Nache, la española que cautivó a Leonard Bernstein". El Debate (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2024. Ferrol y La Coruña se disputan el mérito 
  6. Aguilón Martínez, José A. "Maria Luisa Nache (Soprano)" (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2024. nació en la localidad coruñesa de El Ferrol 
  7. 7,0 7,1 7,2 Andrade Malde, Julio (14 de setembro de 2014). "Homenaje a María Luisa Nache, la soprano coruñesa que conquistó el mundo". La Opinión (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2017. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Bugallal, Isabel (1 de maio de 2008). "Picasso y Campó hablan de A Coruña en Aix en Provence". La Opinión (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2017.