Manuel del Río Pampín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel del Río Pampín
 Ordes
Falecemento8 de febreiro de 1937
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Manuel del Río Pampín, nado en Ordes e finado en Santiago de Compostela o 8 de febreiro de 1937, foi un carteiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Pedro del Río Recouso. Carteiro urbano de Ordes dende 1931[1]. Un dos líderes do PSOE de Ordes, foi un dos dirixentes da Fronte Popular de Ordes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado na prisión de Ordes. En agosto foi cesado como funcionario de Correos[2]. Despois foi trasladado á prisión de Compostela. Acusado de traizón, foi xulgado en consello de guerra o 22 de decembro. Condenado a pena de morte, foi executado en Boisaca o 8 de decembro de 1936 con outros dez veciños de Ordes.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Vilagarcía con Milagros Rodríguez Maroño en 1930[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Heraldo Gallego, 3-1-1932, p. 5.
  2. La Voz de Galicia, 16-8-1936, p. 2
  3. Vida Gallega, 30-11-1930, p. 45.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]