Manuel Soto Freire
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xaneiro de 1826 Lugo, España |
Morte | 27 de marzo de 1897 (71 anos) Pantón, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, editor |
Manuel Soto Freire, nado en Lugo o 26 de xaneiro de 1826[1] e finado en Pantón o 27 de marzo de 1897,[2] foi un xornalista e editor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado en Lugo como caixista na imprenta Pujol, estableceu os seus obradoiros tipográficos en 1851.[3] Considerado o primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia, dividiu os seus proxectos en dúas seccións, a relixiosa, a máis numerosa, e outra variada onde incluíu unha parte literaria, ensaio, manuais e grandes obras.
Editou os xornais La Aurora del Miño (1857), do que foi director e fundador; El Correo de Lugo (1860), que dirixiu; El Diario de Avisos (1861 e 1865), Boletín del Clero del Obispado de Lugo (1861), Boletín Oficial de Ventas de Bienes Nacionales (1861-1868),[4] El Gallego (xullo 1867-decembro 1867),[4] La Paz (1869-1873), La Patria (1869), La Fe (1873) e El Lucense (1883). Editou Análisis de las aguas minerales de Lugo (1853), a publicación anual do Calendario de Galicia (1857), os almanaques Almanaque de Galicia (1858),[5] Las Dos Asturias (1864)[6] e El Reino de Galicia (1866), e o Boletín eclesiástico (1868), a primeira revista relixiosa editada en Galicia.
Publicou, por entregas, os dous primeiros tomos da Historia de Galicia (1865-1866) de Manuel Murguía,[7] e a Gramática Gallega (1868) de Saco y Arce,[8] amais de obras de Rosalía de Castro, como El caballero de las botas azules.[9] Tamén publicou, en 1873, as Antigüeades prehistóricas y célticas de Galicia, de José Villa-amil y Castro.[10]
O ano seguinte, en 1874, pasoulle o taller e a imprenta a Juan María Bravos.[11]
Foi autor do ensaio La imprenta en Galicia. Ensayo bibliográfico (1892), de consulta obrigada no estudo da prensa periódica en Galicia.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Almanaque de Galicia para uso de la juventud elegante y de buen tono, 1866
-
Antigüedades prehistóricas y célticas de Galicia, José Villa-amil, 1873.
-
Descripcion histórico-artística-arqueológica de la Catedral de Santiago, 1866.
-
Gramática gallega, 1868, Juan Antonio Saco y Arce.
-
Historia de Galicia por Manuel Murguía, tomo I, 1865.
-
Horas de inspiración, Emilia Calé, 1867.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Soto (1997), p. 8.
- ↑ Soto (1997), p. 43.
- ↑ Soto (1997), p. 9.
- ↑ 4,0 4,1 Soto (1997), p. 17.
- ↑ Vilavedra, D., ed. (1997). "Almanaque de Galicia". Diccionario da Literatura Galega II. Galaxia. pp. 41–42. ISBN 84-8288-137-X.
- ↑ Soto (1997), p. 26.
- ↑ Soto (1997), p. 34.
- ↑ Soto (1997), p. 36.
- ↑ Soto (1997), p. 35.
- ↑ Soto (1997), p. 37.
- ↑ Soto (1997), p. 41.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Soto Freire |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 374.
- Soto, Juan (1997). Manuel Soto Freire. A Coruña: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-1989-2.
- "Soto Freire, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 251.
- "Soto y Freire, Manuel". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.