El Gallego (Lugo)
El Gallego foi un periódico editado en Lugo en 1867 de curta vida.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico de intereses generales, apareceu o 23 de xullo de 1867.[1] Tiña como lema o engrandecemento de Galicia en todas as ordes. Creado por Manuel Soto Freire, o secretario de redacción era Lorenzo Gómez Quintero e entre os seus redactores estaban Carlos Vaamonde, Juan Fernández de Prado, Miguel Gil Tomé, Joaquín Pérez, Primo Feliciano Salgado, Primo Castro Pita, Segundo Plá Huidobro, Antonio Gaite.
Dende o número 32 deixou de ser impreso por Soto Freire, sendo substituída a súa impresión polos talleres de José Pujol y Báffer, de orixe mallorquina, e figurando como director Antonio Magín Pla.[2] Incluíu información xeral, noticias de Galicia, despachos telegráficos e algúns textos literarios. Cesou a súa publicación co número 36, o 10 de decembro de 1867.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Soto y Freire, Manuel (1892). La imprenta en Galicia. Ensayo bibliográfico. p. 75
- Carré Aldao, E. (1929). Boletín de la Real Academia Gallega n.º 219. p. 64 Arquivado 06 de maio de 2016 en Wayback Machine.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Teijeira, Mari Paz e de la Torre, María (1997). A prensa en Lugo, dous séculos de historia.Lugo: Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo. ISBN 84-8192-110-6 pp. 49–51.