La Aurora del Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Aurora del Miño
LocalidadeLugo
Na rede
Galiciana: 6736 BVPH: 4360
editar datos en Wikidata ]

La Aurora del Miño foi un periódico semanal editado en Lugo en 1857.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico de intereses morales y materiales, o primeiro número apareceu o 15 de maio de 1857.[1] Fundado por Manuel Soto Freire, o seu director foi Teolindo María Romero ata o 2 de xuño e a partir desa data Dimas Corral Rebellón que dimitiu a finais de xullo,[2] e tiña como redactores a Antonio Castro Martínez e aos directores. Colaboraron nel José María Castro Bolaño, José López de la Vega, Luciano Sánchez Gil, José Rodríguez e Román García Blanes. Incluía poemas, artigos científicos, correspondencia, crónicas, un boletín relixioso e variedades. Desapareceu o 24 de novembro de 1857 co número 32.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Soto (1997), p. 12.
  2. El Iris de Galicia, 26-7-1857, p. 3.
  3. Soto (1997), p. 14.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]