Manuel Ruiz Rivas
Manuel Ruiz Rivas | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de novembro de 1957 |
Lugar de nacemento | Ribeira |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Santos Ruiz Rivas, nado en Ribeira o 4 de novembro de 1957, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciado en Dereito. Exerceu a avogacía como procurador dos Tribunais e foi xestor de actividades deportivas. Foi concelleiro de Ribeira entre 1987 e 1997, onde exerceu como tenente de alcalde e portavoz do seu grupo. É membro do comité local do PP de Ribeira. É deputado do Parlamento de Galicia dende 1993 e portavoz do PPdeG na última lexislatura. Foi o candidato do PPdeG á alcaldía de Ribeira para as municipais de 2011 logo da renuncia de José Luis Torres Colomer. Nas eleccións municipais de 2011 obtivo a maioría absoluta e foi elixido alcalde. Nas municipais de 2015 foi elixido alcalde por ser a forza máis votada grazas a abstención dos concelleiros de Cidadáns[1].
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía.[2]
Predecesor: José Luis Torres Colomer |
![]() alcalde de Ribeira 2011 - actualidade |
Sucesor: no cargo
|
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 18 de setembro de 2010 en Wayback Machine.
- Entrevista Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en El Correo Gallego
- Nados en 1947
- Nados en Ribeira
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG
- Alcaldes de Ribeira
- Alcaldes de Galicia polo PPdeG
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia