Luís Pérez Barral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuís Pérez Barral
Biografía
Nacemento7 de maio de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Ribeira, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ribeira
xuño de 2023 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Páxina webluisperezbarral.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: luisperezbarral Twitter: sinho_gz Instagram: sinhogz Editar o valor em Wikidata

Luis Pérez Barral, nado en Ribeira o 7 de maio de 1990, é un político galego do BNG, alcalde de Ribeira dende 2023.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Compatibilizou os estudos co emprego de camareiro. Grao en Lingua e Literatura Galegas (2017) con Mínor de Lingüística Xeral. Traballou nunha tenda de telefonía e na Mesa pola Normalización Lingüística, onde dirixiu algunhas campañas. Dirixiu o Servizo de Normalización Lingüística de Outes a partir de 2018. Militante do BNG dende 2009, presentouse na candidadura do BNG de Ribeira nas eleccións municipais de 2011 e aínda que non foi elixido concelleiro entrou na corporación en 2012. Foi responsable de Política Institucional de Galiza Nova (2012-2016). Foi responsable comarcal do BNG en Barbanza e membro do Consello Nacional do BNG. Volveu ser elixido concelleiro en 2015 e 2019. Nas municipais de 2023 encabezou a candidatura do BNG e alcanzou un acordo de goberno co PBBI e o PSdeG-PSOE polo cal foi elixido alcalde[1].


Predecesor:
Manuel Ruiz Rivas
 
Alcalde de Ribeira
 
2023 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]