Manuel Sanjurjo Manteiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Sanjurjo Manteiga
Biografía
Nacemento1887 Editar o valor em Wikidata (136/137 anos)
Vilamaior, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlabrego , político Editar o valor em Wikidata

Manuel Sanjurjo Manteiga, nado en Vilamaior (Ordes) cara a 1887, foi un labrego e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o primeiro presidente da Sociedad Agraria de Villamayor, Olas y parroquias limítrofes, constituída en 1922, da que era secretario Francisco Gómez Gandeoso.[1] Foi denunciado por Manuel Sanjurjo Varela por danos nun terreo da súa propiedade en setembro de 1928.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado por rebelión na Coruña o 30 de outubro de 1937 na causa 380/37 xunto con Benigno Andrade García, Ramón Bra Riobóo, Manuel Cernadas Ares, Pedro del Río Caramelo, Ramón Díaz González, Antonio Gómez Carneiro, José R. Lagares García, Pedro Lago Sánchez, José López Regueiro, Andrés López Suárez, Manuel Mella Sánchez, Adonis Morón Silva, José Mosquera Rodríguez, José Pérez Sanmartín, Vicente Ramos Iglesias, Ricardo Sánchez Rivas, Jesús Sánchez Rodríguez, Andrés Seoane Seijas, José Sousa Hermida, Vicente Suárez Botana, Antonio Uzal Gaudeoso e Ángel Villaverde Bello,[3] foi condenado a 12 anos e 1 día de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 25-4-1922, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 6-9-1928, p. 2.
  3. El Ideal Gallego, 31-10-1937, p. 6.
  4. BOP A Coruña, 5-2-1941, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]