Pedro del Río Caramelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro del Río Caramelo
Biografía
Nacemento1894 Editar o valor em Wikidata (129/130 anos)
Ordes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Pedro del Río Caramelo, nado en Ordes cara a 1894, foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ferreiro de profesión. Fiscal municipal de Ordes nos anos vinte. Dono dun salón en Ordes, en xaneiro de 1926 abriu o Café y Bar Pedro.[1] En 1929 foi nomeado axente executivo de cédulas persoais do partido de Ordes.[2] Logo do triunfo do Fronte Popular foi nomeado concelleiro de Ordes e elixido 1º tenente alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado por traizón en consello de guerra en Compostela o 22 de decembro na causa 230/36, foi condenado a cadea perpetua. A Comisión Provincial de Incautación de Bens abríulle expediente de responsabilidade civil en abril de 1938.[3] Estivo preso na Prisión Provincial da Coruña da que saíu en liberdade provisional en maio de 1941.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Manuela Calviño Fraga en 1922,[5] e foi pai de Gabriel, Paz, José, Manuel e Antonio del Río Calvlño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 17-1-1926, p. 3.
  2. El Compostelano, 24-1-1929, p. 2.
  3. BOP da Coruña, 5-4-1938, p. 2.
  4. BOE, 31-5-1941, p. 3888.
  5. El Ideal Gallego, 7-12-1922, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]