Ricardo Sánchez Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRicardo Sánchez Rivas
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata (118/119 anos)
Olas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ricardo Sánchez Rivas, nado en Olas (Mesía) cara a 1905, foi un político e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aprobou os exames para secretarios de xulgados municipais en maio de 1935.[1] Oficial do concello de Mesía, foi cesado e despois reposto no cargo en xuño de 1936.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité de Defensa da República de Mesía. Foi requirido en agosto polo novo alcalde, Manuel Pardo, para que devolvese documentación do Concello.[3] Foi detido e estivo preso no cárcere de Ordes. Logrou embarcar na Coruña para Buenos Aires no vapor Monte Olivia o 22 de setembro de 1936.[4] O xulgado de Ordes reclamouno en novembro de 1936.[5] Foi xulgado na Coruña por rebelión na causa 380/37. A Comisión Provincial de Incautación de Bens abríulle expediente de responsabilidade civil en abril de 1938.[6] O Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas condenouno en rebeldía a cinco anos de inhabilitación e 250 pesetas de multa en outubro de 1940.[7] Relatou a súa experiencia no libro El mundo del mañana. Exiliado na Arxentina, foi directivo da Sociedad Unión del Partido Judicial de Órdenes. Tamén foi secretario de Unión Gallega. En Buenos Aires fundou e dirixiu a revista La Antorcha en 1950.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El mundo del mañana. Buenos Aires, 1963.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 5-5-1935, p. 2.
  2. El Correo Gallego, 13-6-1936, p. 1.
  3. BOP A Coruña, 15-8-1936, p. 2.
  4. El mundo del mañana, p. 34.
  5. BOP A Coruña, 25-11-1936, p. 2.
  6. BOP A Coruña, 5-4-1938, p. 2.
  7. BOE, 16-12-1940, p. 5717.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]