Manuel Sánchez Arcas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Sánchez Arcas
Nacemento1897
 Madrid
Falecemento1970
 Berlín
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Politécnica de Madrid
Ocupaciónarquitecto
editar datos en Wikidata ]
Mercado de Abastos de Alxeciras, obra de Manuel Sánchez Arcas e Eduardo Torroja.
Fachada principal do Edificio Rockefeller en Madrid.

Manuel Sánchez Arcas, nado en Madrid en 1897 e falecido en Berlín en 1970, foi un arquitecto e urbanista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1921. Ampliou os seus estudos en Londres e traballou con Secundino Zuazo. Con Eduardo Torroja fundou o Instituto Técnico de la Construcción y Edificación (actualmente Instituto de Ciencias de la Construcción Eduardo Torroja).

Trala Guerra civil española tivo que exiliarse en Rusia e Polonia onde traballou nos proxectos de reconstrución de Varsovia. Máis tarde trasladouse a Berlín, na República Democrática de Alemaña, onde faleceu.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

  • Gañou o concurso para levar a cabo o Hospital Provincial de Toledo (1926-1931), e o concurso para construír o Instituto Nacional de Física y Química da Fundación Rockefeller (o chamado Edificio Rockefeller, 1927-1932), ámbolos dous xunto a Luis Lacasa.
  • Entre 1932 e 1936 proxectou e realizou o Pabellón de Gobierno, a Central Térmica da Cidade Universitaria de Madrid e o Hospital Clínico Universitario San Carlos da Cidade Universitaria de Madrid, obras en colaboración co enxeñeiro Eduardo Torroja, co que tamén colaborou no Mercado de Abastos de Alxeciras (1933-35).

Premios[editar | editar a fonte]