Manuel Nin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Manuel Nin
Bispo da Igrexa Católica Bizantina Grega
Biografía
Nacemento 20 de agosto de 1956 en El Vendrell, España
Ordes
Ordenación sacerdotal 18 de abril de 1998, por Lluís Martínez Sistach
Consagración episcopal 15 de abril de 2016, por Dimitrios Salachas
Exarca apostólico de Grecia
2016 - actualidade
Predecesor Dimitrios Salachas
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Manuel Nin i Güell, nado o 20 de agosto de 1956 en El Vendrell (España), é un bispo católico bizantino grego, dende 2016 exarca apostólico de Grecia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 20 de agosto de 1956 en El Vendrell, no territorio da arquidiocese de Tarragona. Logo de completar os estudos, ingresou no mosteiro de Montserrat, emitindo os primeiros votos o 26 de abril de 1977 e facendo os votos solemnes en 1980. Foi ordenado sacerdote da Orde de San Bieito o 18 de abril de 1998 polo arcebispo de Tarragona Lluís Martínez Sistach. En 1999 pasou a ser reitor do Pontificio Colexio Grego, en Roma.

En Roma, foi tamén membro da Comisión Litúrxica da Congregación para as Igrexas Orientais. O 2 de febreiro de 2016 Francisco nomeouno exarca apostólico de Grecia e bispo titular de Carcabia. Recibiu a consagración episcopal o 15 de abril, de mans do seu predecesor Dimitrios Salachas.