Manuel López Pinal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 O Carballiño, España |
Morte | 1939 (26/27 anos) Tunisia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | radiotelegrafista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel López Pinal, nado no Carballiño en 1912 e finado no campo de concentración de Meheri-Zebbeus (Tunisia) en 1939, foi un mariñeiro, radiotelegrafista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiro fillo de Jesús López Pérez e Juana Pinal Pereira, tratantes de polbo que se instalaron no Grove e puxeron unha taberna. Alistouse na Armada e formouse na Escola de San Fernando (Cádiz) como radiotelegrafista. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba destinado como radiotelegrafista no Acoirazado Jaime I no porto de Vigo. Manuel foi elixido dirixente dos mariñeiros que se rebelaron contra a oficialidade pro-golpista o 29 de xullo cando navegaban por augas de Portugal. Foi comisario político, por uns meses, do destrutor Lazaga. Cando rematou a guerra arribou a Bizerta (Tunisia) desde onde foi levado ao campo de concentración de Meheri-Zebbeus, onde morreu.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mascato, Antón (2019). Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948). Santiago de Compostela: Edicións Positivas. pp. 306–308. ISBN 978-84-120184-6-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Auxiliar Radiotelegrafista D. Manuel López Pinal" flotarepublicanablog.wordpress.com 3/7/2017 (en castelán).
- "Manuel López Pinal, morir en Meheri-Zebbeus" exiliomarinosrepublicanos.blogspot.com 4/9/2016 (en castelán).