Manuel Idígoras
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Idígoras.
Manuel Idígoras | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Manuel Idígoras Aspiazu | ||
Nacemento | 1 de xaneiro de 1940 (83 anos) | ||
Lugar de nacemento | Sevilla | ||
Falecemento | 22 de febreiro de 2019 | ||
Lugar de falecemento | Sevilla | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1960–1962 | Sevilla | 16 | (1) |
1963–1966 | Español | 59 | (9) |
1966–1967 | Deportivo da Coruña | 11 | (3) |
Selección nacional | |||
1952–1957 | España | 11 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Manuel Idígoras Aspiazu, nado en Sevilla o 1 de xaneiro de 1940, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Debutou na tempada 1960–61 co Sevilla FC en Primeira División. No equipo andaluz permaneceu unha campaña máis.
Na tempada 1963–64 fichou polo RCD Español, no que estivo 3 campañas. No club catalán puido disputar a Copa de Feiras e participou en 59 partidos e anotou 9 goles.
Na tempada 1966–67 foi contratado polo Deportivo da Coruña, onde foi dianteiro suplente, detrás de figuras como Sánchez Lage ou Manuel Loureda. Debutou como deportivista o 15 de xaneiro de 1967, na xornada 17, nun partido contra o Córdoba CF en Riazor que rematou en vitoria (2–0). Ese ano o conxunto galego descendeu a Segunda División.