Manuel Gato
Manuel Gato | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Manuel Gato Thomason | ||
Nacemento | 28 de xaneiro de 1984 (40 anos) | ||
Lugar de nacemento | Alacant | ||
Altura | 1,70 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Racing Benidorm | ||
Carreira xuvenil | |||
Benidorm | |||
2000–2003 | Valencia | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2003–2005 | Albacete B | ||
2004–2007 | Albacete | 48 | (5) |
2007–2009 | Pontevedra | 73 | (12) |
2009–2010 | Alicante | 17 | (6) |
2010 | Conquense | 16 | (4) |
2010–2012 | Alcoyano | 76 | (24) |
2012–2015 | Sabadell | 90 | (9) |
2015–2016 | Hércules | 33 | (6) |
2016–2018 | Alcoyano | 70 | (10) |
2018–2019 | Sabadell | 23 | (1) |
2019–2020 | Novelda | 15 | (6) |
2020–2021 | Atlético Benidorm | 22 | (6) |
2021– | Racing Benidorm | 6 | (0) |
Selección nacional | |||
2001 | España sub-16 | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 19 de outubro de 2021 [ editar datos en Wikidata ] | |||
Manuel Gato Thomason, nado en Alacant o 28 de xaneiro de 1984, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Racing CF Benidorm.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na tempada 2007–08 fichou polo Pontevedra CF, de Segunda División B (Grupo 1), onde permaneceu dúas campañas. Nese primeiro ano, adestrado por Javi Gracia, participou en 36 encontros e anotou 6 goles, sendo o dianteiro titular do equipo e logrando o cuarto posto na liga, clasificándose para a eliminatoria de ascenso a Segunda División (onde caeron no play-off fronte o AD Ceuta). Na tempada 2008–09 xogou 35 partidos e marcou 5 goles, sendo adestrado inicialmente polo galego Rafa Sáez e desde a xornada 21 por José Aurelio Gay. Foi o terceiro goleador do cadro de xogadores, por detrás de Charles e Yuri (9 goles, ambos) e anotando os mesmos tantos que Alejandro Vázquez. Ese ano o conxunto pontevedrés logrou o duodécimo posto na táboa.
Na tempada 2009–10 fichou polo Alicante CF, de Segunda División B (Grupo 3). No conxunto alacantino, adestrado polo asturiano Vicente Borge, participou en 17 partidos e anotou 6 goles, foi un dos principais atacantes do equipo, xunto con Sergio Postigo e Jon Uriarte.
En xaneiro de 2010 fichou polo UB Conquense de Segunda División B (Grupo 2). No conxunto manchego, adestrado por Eloy Jiménez, xogou 16 partidos e marcou 4 goles, logrando a final da campaña o décimo posto da clasificación. Debutou con gol nunha vitoria a domicilio fronte o CD Leganés (1–4), na xornada 21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1984
- Nados en Alacant
- Futbolistas da Comunidade Valenciana
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Albacete Balompié B
- Xogadores do Albacete Balompié
- Xogadores do Pontevedra CF
- Xogadores do Alicante CF
- Xogadores da UB Conquense
- Xogadores do CD Alcoyano
- Xogadores do CE Sabadell
- Xogadores do Hércules CF
- Xogadores do Novelda CF