Alejandro Vázquez Palacio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alejandro Vázquez
Información persoal
Nome Alejandro Vázquez Palacio
Nacemento 4 de novembro de 1976 (47 anos)
Lugar de nacemento Xixón
Altura 1,84 m.
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1995–1999 Aboño
1999–2001 Mosconia
2001–2003 Avilés 36 (1)
2003–2010 Pontevedra 206 (15)
2010–2012 Badalona 65 (5)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Alejandro Vázquez Palacio, nado en Xixón o 4 de novembro de 1976, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 2003–04 fichou polo Pontevedra CF, de Segunda División B (Grupo 1). Debutou na primeira xornada, da man do adestrador José Aurelio Gay, nunha vitoria en Pasarón fronte o CD Ourense (2–0). Nesa campaña foi un habitual na defensa granate, xunto con Mauro García, David Casablanca e Fede Bahón, participando en 34 partidos e anotando 4 goles. Ese ano lograron o ascenso a Segunda División, tras vencer no Grupo 1 na liga regular e ser campións do Grupo B na liguiña de ascenso, no que estaban enfrontados a CD Mirandés, Lorca Deportiva e CD Badajoz.

Na tempada 2004–05 debutou en Segunda División, no retorno do equipo pontevedrés á categoría de prata 27 anos despois da súa anterior participación (na tempada 1976–77). O seu primeiro partido en Segunda División produciuse na primeira xornada, nunha derrota en Pasarón fronte o Poli Ejido (0–1). Este ano participou en 29 partidos e marcou 1 gol, que chegou na xornada 13 nunha vitoria fronte o Xerez CD (2–1), sendo ademais o seu único gol en Segunda División. O equipo, que na xornada 22 mudaría o adestrador polo galego Alberto Argibay, non logrou manter a categoría e descendeu a Segunda División B como último clasificado, a 3 puntos da salvación.

Até a tempada 2009–10 permaneceu no Pontevedra CF, participando nun total de 206 partidos de liga e anotando 15 goles. Desde a tempada 2005–06 foi adestrado por Javi Gracia, Rafa Sáez, José Aurelio Gay (novamente), Roberto Aguirre e Pablo Alfaro.

Na tempada 2010–11 fichou polo CF Badalona, de Segunda División B (Grupo 3). Debutou na primeira xornada, nun empate a domicilio fronte o CE L'Hospitalet (1–1), da man do adestrador Manolo Márquez. Ese ano xogou 35 partidos e anotou 3 goles, logrando o segundo posto na clasificación. Na tempada 2011–12 participou en 30 partidos e marcou 2 goles, logrando o terceiro posto da táboa.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]