Manuel García Gerpe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel García Gerpe
Biografía
Nacemento29 de abril de 1908 Editar o valor em Wikidata
Ordes, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xullo de 1949 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel García Gerpe, nado en Ordes o 29 de abril de 1908 e finado en Buenos Aires o 4 de xullo de 1949, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Banda municipal de Ordes coa súa directiva en 1932. García Gerpe é o cuarto da segunda fila.

Participou activamente na política universitaria. Licenciado en Dereito e militante de Izquierda Republicana, foi o líder ideolóxico da Segunda República en Ordes, especialmente durante o goberno municipal da Fronte Popular (entre febreiro e xullo do 1936). O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorpréndeo en Madrid. Dita conferencias no Ateneo de Madrid e en Unión Radio Madrid. Membro das Milicias Populares que defenderon Madrid das tropas franquistas, foi oficial do exército leal á República. Tamén participou no Tribunal de Xustiza militar da 44.º División (que operaba nas frontes do Ebro) e no Corpo Xurídico Militar do Exército Republicano. Coa derrota das forzas republicanas fuxiu a Francia onde estivo internado en varios campos de concentración. Fuxiu dun deles e chegou a París. Exiliouse na República Dominicana e foi reclamado pola Unión del Partido Judicial de Órdenes de Buenos Aires que o levou á Arxentina.

En Buenos Aires seguiu loitando contra a ditadura franquista. En 1945 integrou a comisión organizadora da Agrupación Izquierda Republicana na Arxentina con Luciano Vidán Freiría e Severino Iglesias Siso, da que foi secretario. Escribiu varios libros e exerceu o xornalismo político no exilio, onde fundou El Republicano Gallego e editou con Xosé Tobío Mayo e Manuel Varela Buján a folla “Crisol Gallego” que saía publicada no xornal Sábado.[1] Partidario dunha liña de apoio decidido á guerrilla galega e á oposición antifranquista organizada en Francia, liderou o Centro Republicano Federal Gallego que esgazou da Federación de Sociedades Gallegas logo dun período de conflitividade interna entre 1948 e 1949.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Política social, 1934.
  • Alambradas: Mis nueve meses por los campos de concentración de Francia. Buenos Aires: Celta, 1941. Aramados. Alvarellos, 2021 (traducido por Miro Villar).
  • De la República Española a la Unión Soviética".
  • La configuración constitucional de la postguerra. Buenos Aires: Tato, 1944.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]