Manuel García Garrido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel García Garrido
Nacemento25 de abril de 1928
Lugar de nacementoFuente de Cantos
Falecemento14 de xaneiro de 2021
Lugar de falecementoBoadilla del Monte
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Sevilla
Ocupaciónxurista, profesor universitario, escritor e político
PremiosGran Cruz de Afonso X o Sabio, Orde de San Raimundo de Peñafort e Gran Cruz da Orde do Mérito Civil
Na rede
Dialnet: 170550
editar datos en Wikidata ]

Manuel Jesús García Garrido, nado en Fuente de Cantos (provincia de Badaxoz) en 1928, é un xurista e profesor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi catedrático de Dereito Romano da Universidade de Santiago de Compostela e en 1968 foi nomeado reitor, permanecendo no posto ata 1972. En 1970 o Ministerio de Educación encargoulle un estudo sobre a ensinanza superior a distancia, e o 15 de setembro de 1972 foi nomeado reitor da acabada de crear Universidade Nacional de Educación a Distancia, permanecendo no posto ata 1974. Continuou como catedrático de Dereito Romano da UNED[1]. Foi tamén Director xeral de Persoal do Ministerio de Educación e Ciencia.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2011 foi nomeado presidente honorario da Academia Romanística Constantiniana e doutor honoris causa pola Academia das Ciencias de Moscova[2].

Predecesor:
Ángel Jorge Echeverri
 
Reitor da Univ. de Santiago
 
1968 - 1972
Sucesor:
José Ramón Masaguer Fernández

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Primero clase media; luego, democracia". El Faro de Ceuta (en castelán). 7 de marzo de 2011. 
  2. "Nombran a García Garrido presidente honorario de la Academia Romanística Constantiniana". El Correo Gallego (en castelán). 5 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 08 de xuño de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]