Manuel García Amoedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel García Amoedo
editar datos en Wikidata ]

Manuel García Amoedo, nado en Vilaboa, foi un canteiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Canteiro. Socialista, era membro da sociedade agraria de Vilaboa. Tocaba o fliscorno na banda de Paredes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte da Costa con Emilio Conde Conde. Buscado pola garda cívica, a familia construíulle un tobo na corte da casa onde estivo agochado ate o remate da Guerra civil. Coa publicación do bando do gobernador civil Manuel Gómez Cantos para que os fuxidos que non tivesen as mans manchadas de sangue se presentase para regular a súa situación, presentouse xunto con Antonio Vidal Vilas agochado en Paredes. Durante unha época tivo que presentarse cada quince días ante a Garda Civil. Finalmente, en outubro de 1940, foi detido en Marín xunto a Manuel Mata del Río, Juan Cal Conde, José Cerqueiro Regueira e Manuel Pérez Curra.[1] Xulgado en Pontevedra, foi condenado a prisión. Cumpriu a condena na prisión de Pontevedra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 17-10-1940, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fajardo, Montse (2015). "Levaron o fiscorno". Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu. Vilagarcía: Autor-editor. pp. 15–29. ISBN 978-84-608-1274-6. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]