Manuel Ferraz de Campos Sales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Ferraz de Campos Sales
Campos Sales.jpg
Presidente do Brasil
Período15 de novembro de 1898 - 15 de novembro de 1902
AntecesorPrudente de Morais
SucesorRodrigues Alves
Datos persoais
Nacemento15 de febreiro de 1841
 Campinas, estado de São Paulo
Falecemento28 de xuño de 1913
 Santos, estado de São Paulo
OrganizaciónPRP (Partido Republicano Paulista)
CónxuxeAna Gabriela de Campos Salles
Alma máterFaculdade de Direito da Universidade de São Paulo e Universidade de São Paulo
Profesiónavogado e político
Campos Sales signature.svg
Na rede
WikiTree: Ferraz_Campos_Salles-1 Find a Grave: 101927159 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Manuel Ferraz de Campos Sales[1], nado en Campinas (estado de São Paulo) o 15 de febreiro de 1841 e finado en Santos o 28 de xuño de 1913, foi un avogado brasileiro e presidente do Brasil dende o 1898 ata 1902.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elixiuse senador en 1890, pero renunciou ó cargo catro anos despois para concorrer ao goberno do estado de São Paulo. En 1898 elixiuse presidente da República. Naquel ano, a economía brasileira, baseada na produción e exportación de café e caucho non ía ben. Sales xulgou que todos os problemas económicos se debían á desvalorización da moeda. Entón actuou en dúas frontes:

- desenvolveu a chamada politica dos gobernadores. A través desta, concedia favores ós estados, dende que os políticos daquel estado apoiasen no Congreso as accións do goberno central. A politica dos gobernadores tamén ficou coñecida no Brasil na época como politica café con leite, pois os principais estados envolvidos foron Sao Paulo e Minas Xerais (Nota: no Brasil actual, ese tipo de troco de favores entre políticos é coñecido como clientelismo politico). E,

- no plano exterior, estableceu un acordo con banqueiros ingleses, chamado funding loan. Con este acordo, suspendeu por 3 anos o pagamento dos intereses da débeda externa, e por 13 anos o pagamento da propia débeda. Os intereses uomaronse á débeda principal, e os pagamentos comezarian en 1911, co prazo de 63 anos para concluír o pagamento, e intereses de 5% ao ano. Os impostos das aduanas do Rio de Janeiro e de Santos ficarían hipotecados ós banqueiros ingleses, como garantía da débeda. Entón, libre do pagamento da débeda, pode fazer a súa política económica. Retirou unha parte do diñeiro en circulación e valorizou a moeda da época, o mil-réis de 48 mil-réis por libra esterlina para 14 mil-réis por libra-esterlina.

Presidente do Brasil

Segue a:
Prudente de Morais
Manuel Ferraz de Campos Sales
Precede a:
Rodrigues Alves
PRP (Partido Republicano Paulista)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. conforme a norma ortográfica da lingua portuguesa ata 1940, escribíase Manoel Ferraz de Campos Salles.