Manuel Castro Pena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Castro Pena
Manuel Castro Prena no mitin de Falange de Vigo 27-12-1936.jpg
 A Estrada
Falecemento31 de outubro de 1978
 Parada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

Manuel A. de Castro Pena, nado na Estrada e finado en Parada o 31 de outubro de 1978,[1] foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Serafín Castro García. Foi mestre de Rubín e en 1934 pasou á escola da Estrada; foi presidente da Asociación de Maestros Nacionales da Estrada. Foi nomeado por José Antonio Primo de Rivera delegado de Falange Española de Pontevedra. O 1 de maio de 1936 foi detido xunto cos seus irmáns por quitarlle a bandeira que guiaba a manifestación obreira da Estrada[2]. A principios de xullo de 1936 foi nomeado Xefe Provincial de Falange de Pontevedra. Poucos días antes do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte con outros dez camaradas de Pontevedra, e non retornaron á cidade até o triunfo da sublevación. En xaneiro de 1937 foi destituído como xefe provincial de Falange, sendo substituído por Jesús Suevos[3]. En xullo de 1938 foi nomeado Delegado de Investigación e Información de FET y de las JONS de Ourense[4]. En 1939 pasou a traballar para a Secretaría Política do Ministerio da Gobernación[5].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Sara Meijide Salgado en 1931,[6] e foi pai de José Luis, Juan José, María de la Paz, Marina, Manuel, María del Carmen e Rafael de Castro Meijide.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 2-11-1978, p. 49.
  2. Primeiro de maio de 1936
  3. El Pueblo Gallego, 20-1-1937, p. 8.
  4. El Pueblo Gallego, 24-7-1938, p. 29.
  5. El Noticiero Gallego, 11-3-1939, p. 3.
  6. El Emigrado, 7-2-1931, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "El 18 de julio en La Estrada" por Mario Blanco Fuentes. A Estrada, Miscelánea Histórica E Cultural, 6 (2003).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]