Serafín de Castro García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSerafín de Castro García
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1854 Editar o valor em Wikidata
As Quintas, España Editar o valor em Wikidata
Mortemarzo de 1936 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Tabeirós, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosManuel Castro Pena, Plácido Castro Pena Editar o valor em Wikidata

Serafín de Castro García, nado nas Quintas (Codeseda, A Estrada) o 6 de outubro de 1854 e finado en Tabeirós en marzo de 1936, foi un mestre galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio en Santiago de Compostela. En 1874 foi nomeado mestre da escola de Tabeirós. Cando construíu a súa casa familiar na Consolación trasladou a escola, instalada nun alpendre, aos baixos da súa vivenda. Foi mestre de Manuel Bergueiro e José Fernández da Ponte. Impartiu clases en Tabeirós durante 50 anos. Xubilouse por idade en 1924. Finou na Consolación en marzo de 1936.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • O 6 de xaneiro de 1935 recibiu, xunto co seu fillo Plácido, unha homenaxe do Sindicato Cultural Agrario de Tabeirós.[2]
  • O 27 de novembro de 1958 recibiu unha homenaxe póstuma en Tabeirós, coa colocación dunha placa conmemorativa na súa casa da Consolación.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Manuela Pena Coto, de Tabeirós, e foi pai de Manuel, Ramiro, José, Laurentino, Plácido e Alfonso Castro Pena.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 14-3-1936, p. 5.
  2. El Emigrado, 16-1-1935, p. 6.
  3. El Pueblo Gallego, 30-11-1958, p. 15.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]