Manuel Casals

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Casals

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata
A Coruña Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata

Manuel Casals Rey, nado na Coruña en 1898, foi un futbolista, adestrador e avogado galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1912 mudouse de Galicia a Madrid para estudar na entón chamada Universidade Central, licenciándose como avogado seis anos despois.[2]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira no fútbol base do Deportivo da Coruña, e durante a súa estancia en Madrid militou no Madrid Foot-ball Club (hoxe Real Madrid). Despois emigrou a México, onde formou parte do Real Club España, onde xogou tres tempadas, compartindo filas con xogadores como Lázaro Ibarreche, Jaime Arechederra e Manuel Lecanda. Co España obtivo tres títulos da Liga Amateur de Veracruz nas tempadas 1915/16, 1916/17 e 1917/18. Despois fichou polo Club España de Veracruz, onde xogou unha tempada e gañou o título da Liga Sur na tempada 1917-18. Con todo, unha fractura do nocello dereito acabou prematuramente coa súa carreira.[2]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Despois da súa lesión regresou a España para continuar a súa carreira como adestrador de fútbol. Dirixiu no fútbol base do Deportivo da Coruña, o Betis, o Sevilla e o Racing de Santander.[2]

En 1940, a directiva da Unión Española contratou a Casals, co obxectivo de formar un novo cadro de xogadores, despois da paréntese deportiva que tomou o club na tempada 1939, que rematou coa marcha de trece dos seus xogadores. Casals formou unha escuadra sen reforzos estranxeiros,[2] baseada nos xogadores das divisións inferiores, que estaban ao cargo de Andrés García e Félix Cantín.

Cadro de xogadores da Unión Española, formado inicialmente por Casals, campioa da Primeira División en 1943.

A primeira tempada deste equipo foi desastrosa, rematando na décima e derradeira posición.[3][4] A pesar deste fracaso, os dirixentes seguiron confiando no proxecto e, na temporada de 1941, o club rematou na parte media da clasificación (5.º lugar), conseguindo sete vitorias, cinco empates e cinco derrotas.[5] Na de 1942, rematou en sétimo lugar, despois de sete triunfos, un empate e dez derrotas.[6] En 1943 deixou o equipo, sendo substituído por Atanasio Pardo. Co cadro de xogadores que formara Casals, xunto aos reforzos de Segundo Flores e Luis Ponce, a Unión Española conquistou a Primeira división esa tempada.[7]

En 1944 deixou Chile para dirixir a Unión Deportiva Moctezuma de Orizaba en México. Tamén no país azteca adestrou o Puebla durante a tempada 1951-52.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Agüero de la Torre, Vinko; Álvarez Nieto, Manuel; Marino Conde, José; Martínez Urrengoechea, Rafael; Prado Álvarez, Fernando; Vizcaya Jaramillo, Cristián (Marzo de 2014). Años de Unión (en castelán). Prólogo de José Luis Sierra Pando (1.ª ed.). Santiago, Chile: DUE Diseño y Comunicación. ISBN 978-956-353-672-0. Consultado o 11 de maio de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Guerrero, Carlos (2 de xuño de 1944). "De la "peña" de la calle Alcalá... al café Santos". Estadio (en castelán) (Santiago, Chile: Editorial Zig-Zag) (71): 6–7, 30. Consultado o 11 de maio de 2021. 
  3. Marín Méndez, Edgardo (1995). Centenario historia total del fútbol chileno: 1895-1995 (en castelán). Prólogo de Julio Martínez Prádanos (1.ª ed.). Santiago, Chile: Editores y Consultores REI. Consultado o 22 de xuño de 2016. 
  4. Espina, Eduardo (23 de xullo de 2005). "Chile 1940". RSSSF (en inglés). Consultado o 11 de maio de 2021. 
  5. Espina, Eduardo (24 de xullo de 2005). "Chile 1941". rsssf.com. Consultado o 11 de maio de 2021. 
  6. Espina, Eduardo (31 de xullo de 2005). "Chile 1942". rsssf.com (en inglés). Consultado o 11 de maio de 2021. 
  7. Marín 1995, pp. 61–66