Manuel Antônio de Almeida
Manuel Antônio de Almeida | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Um Brasileiro |
Nacemento | 17 de novembro de 1831 |
Lugar de nacemento | Río de Xaneiro |
Falecemento | 28 de novembro de 1861 |
Lugar de falecemento | Macaé |
Causa | afogamento |
Nacionalidade | Imperio do Brasil |
Ocupación | escritor, xornalista, novelista, mestre e médico escritor |
Coñecido por | Memórias de um Sargento de Milícias |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Antônio de Almeida, nado no Río de Xaneiro o 17 de novembro de 1830 e finado en Macaé o 28 de novembro de 1861, foi un médico, escritor e profesor brasileiro.[1]
Biografía[editar | editar a fonte]
Fillo do tenente Antônio de Almeida, e de Josefina Maria de Almeida. Seu pai morreu cando Manuel Antônio tiña dez anos de idade. Concluíu a Facultade de Medicina en 1855, mais nunca exerceu a profesión. Dificultades financeiras levárono ao xornalismo e ás letras. Cando tiña ao redor de vinte anos, súa nai faleceu.
Foi redactor do xornal Correio Mercantil, para o cal escribía un suplemento, A Pacotilha. Neste suplemento publicou nas páxinas dos folletíns a súa única obra en prosa, a novela Memórias de um Sargento de Milícias, de 1852 a 1853, en capítulos.
Pertenceu á primeira sociedade carnavalesca do Río de Xaneiro, o Congreso das Sumidades Carnavalescas, fundado en 1855.
Foi profesor do Liceu de Artes e Ofícios do Río de Xaneiro.
En 1858 foi nomeado director da Tipografia Nacional, onde coñeceu o mozo aprendiz de tipógrafo Machado de Assis.
Procurou iniciar a carreira na política. Cando ía facer as primeiras consultas entre os electores, morreu no naufraxio do navío Hermes, en 1861, na costa fluminense.
Obra[editar | editar a fonte]
Memórias de um sargento de Milícias, de 1852, foi o seu único libro. Retrata as clases medias e baixas, algo moi excepcional para a época, na cal as novelas retrataban os ambientes aristocráticos. A experiencia de ter unha infancia pobre influenciou Manuel Antônio de Almeida no desenvolvemento da súa obra.
A acción sitúase na época de D. João VI e narra a historia das aventuras de Leonardo, desde o seu nacemento até o casamento con Luisinha. Fillo de Leonardo Pataca e Maria das Hortaliças, o heroe vive libremente, practicando travessuras, que son o centro da narrativa e só rematan cano el é escollido, polo xefe de polícia, para ocupar o cargo de sarxento de milicias.[2]
En español Memorias de un sargento de milicias (2016), Mármara Ediciones.
Escribiu tamén a peza de teatro Dois Amores en 1861, que foi presentada tras a súa morte, con música da Condessa Rosawadowska, sen alcanzar éxito.
Tamén escribiu crónicas, críticas, artigos, etc., publicadas en xornais da época e que foron reunidas en libro, en 1991, por Bernardo de Mendonça a partir da pescuda de fontes primarias, a comezar polo xornal Correio Mercantil, do Río de Xaneiro. A Obra Dispersa de Manuel Antônio de Almeida reúne non só a colaboración dispersa en xornais e a opereta Dois Amores, mais tres antoloxías complementarias: a correspondencia activa, descubrimento entre os recentes anos 50 e 60, dirixida a Quintino Bocaiuva, Francisco Ramos da Paz e José de Alencar; as declaracións de contemporáneos, como Francisco Otaviano, Machado de Assis, Augusto Emílio Zaluar, Félix Ferreira, Joaquim Manuel de Macedo; e, por fin, unha mostra das dúbidas críticas nas lecturas pre-modernistas das Memórias de Um Sargento de Milícias.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Manuel Antônio de Almeida". Academia Brasileira de Letras (en portugués). 2014-11-04. Consultado o 2020-04-21.
- ↑ "Biografia de Manuel Antônio de Almeida". eBiografia (en portugués). Consultado o 2020-04-21.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Bernardo de Mendonça, "D'Almeida, Almeida, Almeidinha, A., Maneco, Un Brasileiro: máis unha novela de costumes", in Obra Dispersa de Manuel Antônio de Almeida. Río de Xaneiro, Graphia, 1991.
- Antônio Cândido, Dialética da Malandragem, in Revista do Instituto de Estudos Brasileiros, da Universidade de São Paulo, 1970, n. 8, p. 67-88.