Manuel António dos Santos Lourenço

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel António dos Santos Lourenço
MSL JoaoTabarra.jpg
Nacemento13 de maio de 1936
 Sintra
Falecemento1 de agosto de 2009
NacionalidadePortugal
Ocupaciónescritor e filósofo
editar datos en Wikidata ]

Manuel António dos Santos Lourenço, máis coñecido como M. S. Lourenço, nado en Sintra o 13 de maio de 1936 e finado en Lisboa o 1 de agosto de 2009, foi un filósofo, tradutor e escritor portugués, e profesor catedrático xubilado de Lóxica e Filosofía da Matemática no Departamento de Filosofía da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. Destacou tamén como teórico do Experimentalismo poético portugués.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Manuel António dos Santos Lourenço era fillo de Manuel António Lourenço e de Maria Alice dos Santos Lourenço.[2] Llicenciouse, en 1963, coa tese A filosofía da matemática de Ludwig Wittgenstein. Entre 1965 e 1968 foi bolseiro da Fundación Calouste Gulbenkian. Fixo os seus estudos posgrao en Oxford (Master of Arts) baixo a orientación de Michael Dummett, durante a cal preparou a antoloxía O teorema de Gödel e a hipótese do contínuo (F. C. Gulbenkian, 1979) e unha tradución portuguesa das dúas obras clásicas de Ludwig Wittgenstein, Tratado lóxico-filosófico e Investigações filosóficas (F. C. Gulbenkian, 1987).[3]

En 1980, doutorouse na Universidade de Lisboa (en Letras) con Espontaneidade da razão: A analítica conceptual da refutação do empirismo na filosofia de Wittgenstein (editada en 1986 pola Imprensa Nacional-Casa da Moeda). Ocupou un cargo de Lector de portugués nas Universidade de Oxford (1968-1971) e da California (Santa Bárbara, EUA; 1972-1975), dando aulas despois (1976-1980) na Universidade do Estado da India (EUA) e máis tarde (1983-1984) na Universidade de Innsbruck (Austria). Foi aínda Fellow (1979-1980) no National Humanities Center (Chapel Hill, EUA). Entre 1999 e 2004 presidiu á Sociedade Portuguesa de Filosofía. A súa actividade de ensino foi case exclusivamente cuberta coa divulgación da Filosofía da Matemática e da Lóxica. Foi Director da revista de filosofía Disputatio. Pertenceu tamén á chamada xeración de O Tempo e o Modo, con António Alçada Baptista, João Bénard da Costa, Alberto Vaz da Silva, Pedro Tamen, Nuno Bragança, entre outros, publicando, na revista co mesmo nome, algúns dos seus poemas, ensaios e traducións.[3] As traducións e os libros didácticos de filosofía e Pássaro Paradípsico están asinadas por Manuel Lourenço.[4]

A conxugación desconcertante dun sentido profundamente relixioso do universo e dun vangardismo, próximo a tendencias experimentalistas reveladas os anos 60 e reforzado por un ludismo que se insinúa no gusto polos contrastes, pola sintaxe elíptica, polo insólito, polo antilirismo, e, a nivel formal, pola combinación de xéneros e de fontes, confirma este autor como unha das voces máis orixinais e densas da poesía portuguesa contemporánea.[5]

M. S. Lourenço foi, do seu casamento con Manuela Lourenço (1937-1998), pai da bailarina Catarina Lourenço (1965-) e do helenista, ensaísta e profesor universitario Frederico Lourenço (1963-); e, do casamento con Sylvia Wallinger (1948-), pai de Leonora Wallinger Lourenço (1981-2001).

Foi aínda detentor das seguintes Ordes: Grã-Cruz da Orde Militar de Sant'Iago da Espada e Cruz de Honra de I Clase da República da Austria.

Tras unha loita prolongada contra o cancro, Manuel S. Lourenço faleceu o día 1 de agosto de 2009, na compañía dos familiares máis próximos.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • O desequilibrista (1960). Moraes.
  • Arte combinatória (1971). Moraes.
  • Wytham Abbey (1974). Moraes.
  • Pássaro paradípsico (1979).[6] Perspectivas e Realidades, Lisboa.
  • Nada brahma (1991). Assírio e Alvim.
  • O caminho dos Pisões (2009). A obra poético-literaria reunida de M.S. Lourenço (preparada aínda en vida do autor) foi editada por João Dionísio para a Assírio & Alvim.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • O doge (1962).[7] Moraes. 1998, nova edición. Co pseudónimo de Alexis-Christian Von Rätselhaft und Gribskov. Colectánea de historias.
  • Ode a Upsala ou Aria detta la Frescobalda (1964). Moraes. Colectánea de historias.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • O homem como planta no Auto da Alma de Gil Vicente (1977).
  • Os degraus de Parnaso (1991). 2003, 2ª ed. Assírio & Alvim.

Tradución[editar | editar a fonte]

  • Jean Guitton, O trabalho intelectual (1959).[8]
  • Romano Guardini, O fim dos tempos modernos (1964). Moraes.
  • James Joyce, Finnegans wake, I, 3 (1968).[9] Publicada unha parte en O Tempo e o Modo.
  • William & Martha Kneale, O desenvolvimento da lógica (1972). Fundação Calouste Gulbenkian.
  • Kurt Gödel, O teorema de Gödel e a hipótese do contínuo (1979). Fundação Calouste Gulbenkian. 2009, 2ª ed. revisada.
  • Ludwig Wittgenstein, Tratado lógico-filosófico, Investigações filosóficas (1987). Fundação Calouste Gulbenkian
    MSL antologia goedel.jpg

Lóxica[editar | editar a fonte]

  • Espontaneidade da razão: a analítica conceptual da refutação do empirismo na filosofia de Wittgenstein (1986). Imprensa Nacional Casa da Moeda.
  • Teoria clássica da dedução (1991). Assírio e Alvim.
  • A cultura da subtileza: aspectos da filosofia analítica (1995). Gradiva, editado por Desidério Murcho.
  • Estruturas lógicas de primeira ordem (2003). Facultade de Letras da Universidade de Lisboa – Departamento de Filosofia e Centro de Filosofia -, as aulas de Mestrado em Filosofia Analítica.
  • Os elementos do programa de Hilbert (2004). Facultade de Letras da Universidade de Lisboa – Departamento de Filosofia e Centro de Filosofia -, as aulas de Mestrado em Filosofia Analítica.
  • Acordar para a lógica matemática (2006).[10] Facultade de Letras da Universidade de Lisboa – Departamento de Filosofia e Centro de Filosofia -, as aulas de Mestrado em Filosofia Analítica.
  • Fundamentos da matemática (2008-2009); 13 artigos publicados co pseudónimo 'gribskoff' na enciclopedia online de matemática PlanetMath.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1991: Os degraus de Parnaso, Prémio D. Dinis da Casa de Mateus.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Manuel António dos Santos Lourenço - pt.LinkFang.org". pt.linkfang.org (en portugués). Consultado o 2020-07-06. 
  2. "M.S.LOURENÇO RECORDADO EM SINTRA". e-cultura.blogs.sapo.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-06. 
  3. 3,0 3,1 "Manuel António dos Santos Lourenço - FLUL Alumni". alumni.letras.ulisboa.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-06. 
  4. "Biografia". livro.dglab.gov.pt (en portugués). Consultado o 2020-07-06. 
  5. Infopédia. "M.S. Lourenço - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-07-06. 
  6. O poema foi ilustrado por Mário Cesariny.
  7. O liro está asinado por 'Arquiduque Alexis-Christian Von Rätselhaft Gribskov' (tradución de M.S. Lourenço).
  8. Co-traducido co poeta Raul de Carvalho.
  9. A tradución parcial (a primeira páxina) de Finnegans wake foi publicada na revista O tempo e o modo, nº 57/58, pp. 243-244. M.S. Lourenço aborda dous problemas acerca da tradución de Finnegans Wake: "Finnegans Wake em Português", 1969; in Colóquio/Letras, nr. 23, Jan. 1975 (aqui).
  10. O livro contém uma bibliografia comentada pelo autor, "Os meus clássicos".